Sendeirismo
O grupo de sendeirismo da ACD Xove fará a presentación das Rutas de Sendeirismo-2017 o 18 de marzo. O acto terá lugar na Aula de Formación do Concello de Xove ás 19:30 horas.
Nesta presentación farase entrega a cada asistente dun calendario de rutas, farase unha explicación de cada unha delas, e tamén se falarán de asuntos de organización para a presente tempada de Sendeirismo.
Desde o grupo de sendeirismo da ACD Xove convidan a tod@s amantes das andainas na natureza a asistir a esta presentación, e participar nesas rutas que programan para este ano coa colaboración do Concello de Xove.
A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza o sábado, 11 de marzo, a 3ª etapa do Camiño do Cantábrico entre Rinlo e Barreiros.
A saída para realizar esta ruta de 14 quilómetros de percorrido será ás 9:00 horas da estación de autobuses de Burela. O prezo é 20 euros para os socios e 25 para os non socios, e inclúe transporte, comida e seguro.
Para participar é preciso anotarse en Gráficas Arfe ou ben chamando ao número de teléfono 982 580 504, antes do 9 de marzo ás 20:00 horas.
A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha andaina por Taramundi o 18 de febreiro.
Trátase da Ruta da Auga (PR-AS17) cun percorrido circular que dará a oportunidade de visitar conxuntos etnográficos, pequenas aldeas restauradas e ata unha fervenza agochada entre árbores autóctonas. Ten unha distancia de 14 quilómetros cunha dificultade media-baixa. Os organizadores recomendan levar botas, bastóns e chubasqueiro.
A saída será ás 8:00 horas do Cantón de Vilanova e o xantar será no Restaurante Casa Paulino de Taramundi.
As inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do xoves 16 de febreiro, por correo electrónico en terraslourenza@gmail.com, ou por teléfono no 647 06 70 54 (Javier) e no 686 77 11 13 (Emilio Celeirao). Os...
leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 11 de febreiro, a 2ª etapa do Camiño do Cantábrico entre Ribadeo e Rinlo.
A etapa ten 11 quilómetros de lonxitude e a saída será ás 9:00 horas da Estación de Autobuses de Burela.
O prezo é de 20 euros para os socios e 25 para os que non o son, e inclúe autobús, comida e seguro.
Os interesados en participar teñen que anotarse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504, antes do xoves 9 de febreiro ás 20:00 horas.
Esta actividade organizada pola asociación Pasada das Cabras, que conta co patrocinio do Concello de Burela.