A Asociación Pasada das Cabras de Burela vai facer o sábado, día 22 de xullo, a Ruta Nocturna de San Cibrao a Burela. O percorrido será de 9 quilómetros e dificultade baixa.
A saída será ás 22,00 horas da Estación de Autobuses de Burela e ao chegar a San Cibrao voltaremos andando ata Burela onde haberá ao remate chocolate con churros na Heladería Yöglio, totalmente gratuíto para todos os que fagan a ruta.
Para poder asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 20.