A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, presentou este martes os agasallos que o Goberno da Deputación vai a entregar o vindeiro venres aos visitantes dos 4 museos da provincia; Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, San Paio de Narla, e do Mar, e aos da Capela de Santa María, con motivo do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
García Porto subliñou que “Rosalía de Castro foi un exemplo de liberdade para todas as mulleres e un referente de compromiso coa identidade, a cultura, e a lingua galega. Dende o Goberno da Deputación queremos homenaxear a unha das artistas máis importantes da nosa historia que foi, é e será, un símbolo para o pobo galego”.
En total entregaranse 250 láminas, co poema Adiós ríos, adiós fontes da artista galega,e unha rosa. A ilustración de Rosalía de Castro é de Noemí López Vázquez e pertence a colección da exposición do Centro de Artesanía e Deseño Imaxinando Cantares Gallegos.