En abril dará comezo a VI Copa Deputación de Piragüismo, que se estenderá ata o verán. Haberá seis probas.

En abril dará comezo a VI Copa Deputación de Piragüismo, que se estenderá ata o verán. Haberá seis probas.
 
O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, reuniuse no Museo do Mar, en San Cibrao, cos representantes das entidades deportivas de piragüismo da provincia así coma da Federación Galega de Piragüismo para definir as liñas mestras de colaboración de cara a anualidade 2016.
 
A Área de Deporte da Deputación colaborará un ano máis na organización a  VI Copa Provincial de Piragüismo, proba xá consolidada no calendario e que permitiu na súa última edición de 2015 que unha media de mais de 200 padexeiros con categorías que van desde benxamíns até veteráns puideran competir de forma regular durante a tempada na provincia de Lugo.
 
A VI Copa Deputación de Piragüismo dará comezo en abril e estenderase até o verán, en total celebraranse 6 probas, cada unha delas organizadas por un dos clubs participantes, a falta de calendar as datas definitivas de cada proba, os membros participantes serán os seguintes: Club Altruán de Ribadeo, o Club Kaiak de Foz, o Club de Piragüismo San Ciprián de Cervo, o Club de Piragüismo Viveiro e os clubs Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo.   
 
Antonio Veiga  resaltou que “a Deputación de Lugo foi referente para que outras institucións seguiran o modelo de organización da Copa Deputación de Lugo, até o punto que xá se realizan tamén noutras provincias modelos similares”, o deputado delegado resaltou que “desde que comenzamos a colaborar na organización de este campionato, o número de padexeiros federados na provincia non parou de medrar, logrando incrementos en moitas categorías superiores a un 30% do número de licenzas, e non só medrou cualitativamente, pois hoxe temos que celebrar que tres mozos da Provincia de Lugo, como son Alejandro Cuadros, sub 23 do Club Fluvial de Lugo, Julio González xuvenil do Cidade de Lugo e o mariñán Xoel García,cadete do Club Kaiak de Foz están a adestrar diariamente no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra”. 
 
No 2016, a Deputación de Lugo apoiará que a  provincia de Lugo celebre un ano mais a segunda e terceira travesía mais antiga do Estado tralo Descenso do Sella,  trátase da LX Edición do Descenso do Miño que organizará o Club Fluvial de Lugo e a LIV Travesía de Foz que organizará o Club  de Piragüismo Kaiak de Foz, Veiga explicou que “estas probas non só contribuen a conseguir que a cidadanía participe de forma popular en probas deportivas, senón que dado o número de deportistas inscritos, as datas e a súa tradición convértense tamén en polos de atracción turística para o concello que as alberga”.