A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 25 de febreiro, domingo, unha ruta desde Cadavedo a Querúas, no municipio de Valdés (Asturias). Servirá para retomar o irmandamento do colectivo focego co grupo de montaña MIES, de Oviedo. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 20 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade baixa, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.