A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a ruta Camiño Vello de Aldosende, en Paradela, o sábado 9 de marzo. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade moderada, con 11 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes do 7 de marzo.