O Teatro, en Ribadeo, acollerá este sábado, 23 de xaneiro, a representación de "O de menos é o nome", a cargo da agrupación teatral Mariñán, de Betanzos.

O Teatro, en Ribadeo, acollerá este sábado, 23 de xaneiro, a representación de "O de menos é o nome", a cargo da agrupación teatral Mariñán, de Betanzos.
 
Será ás 20:30 horas no Cine Teatro. E o prezo da entrada será de 3 euros. 
 
A obra de teatro de Mariñán, de Betanzos, poderase ver en Ribadeo esta fin de semana. “A peza vai de dous cuñados, de Gustavo Adolfo Bécquer, do Bolero de Ravel, dun corte de pelo, das chaves do trasteiro, duns coreanos, dunha piscina en Cuenca, dun embarazo desexado con estrés prenatal, de complexas relacións de familia arredor un bufé marroquí. En definitiva, do que ocorre cando nos poñemos a falar e sacamos todo o que levamos agochado dentro”, sinalan dende a propia formación.