Será no Teatro Pastor Díaz a partir das 20:30 horas. Trátase dunha comedia duns 70 minutos de duración e destinada a un público adulto.
“Descansa en paz” é unha trepidante comedia na que se mostra con moito humor o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: “que mamá morra axiña por favor”. Mostra unha situación ben recoñecible polo espectador, pero aínda hai algo que a fai moito máis singular, a herdanza dunha nai que aínda non está morta.