Trátase dun estudo histórico feito polo Doutor en Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Abel Vigo García. Este estudo, titulado O Valadouro: Prehistoria e Historia Antiga, está promovido polo coordinador da Área de Sociedade do SEVA, Xesús Pisón, e axuda a sistematizar a Prehistoria e a Historia Antiga do Valadouro.
O libro, con arredor de setenta páxinas, fai un percorrido ilustrado con fotografías das primeiras etapas históricas pola zona de Alfoz e O Valadouro, e inicia tamén unha nova etapa nos cadernos do Seminario de Estudos do Valadouro.
A presentación, que terá lugar o domingo 25 de febreiro, será ás 19:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro. Estarán presentes o autor, Abel Vigo García, o coordinador da Área de Sociedade do SEVA, Xesús Pisón, e o presidente do Seminario, Pepe Peinó.