Novela
O mércores, 5 de xuño, ás 20:30 horas Lionel Rexes presenta a súa novela A Montaña do Poeta na Librería Bahía de Foz.
O escritor de Alfoz Lionel Rexes, ven de gañar o premio Lueiro Rey por esta novela na que partindo da relación histórica máis pouco coñecidado poeta da montaña Antón Noriega Varela cunha vella construción do Alfoz de Castrodouro, recrea un rural que declina e que se ve sacudido por un acontecemento extraordinario.
O Concello de Viveiro publica as bases do V Premio de Novela Vilar Ponte, unha cita xa tradicional dentro de axenda cultural da vila que naceu co dobre obxectivo de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e difundir a literatura en lingua galega.
“Estamos moi orgullosos do percorrido que tivo este certame dende o seu inicio e do papel que xoga para dar visibilidade á lingua galega e a toda a nosa cultura”, subliña a alcaldesa, María Loureiro. “Dende o Concello de Viveiro animamos a todos os escritores e escritoras a participar”, engade a rexedora.
Como en anos anteriores, as bases recollen que todas as obras que se presenten deben ser orixinais e inéditas, escritas en lingua galega e cunha extensión e temática libre.
Cada orixinal será presentado en catro copias en papel, sen...
leer másO Concello de Viveiro publicou as bases do IV Premio de Novela Vilar Ponte, un certame que naceu coa finalidade de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, asemade, apoiar e difundir a literatura en lingua galega.
“Dende o Concello de Viveiro animamos a todos os escritores e escritoras a participar neste premio, que se quere consolidar dentro do escenario da literatura galega”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.
Como en anos anteriores, tanto a extensión como a temática das obras é libre e cada orixinal será presentado en catro copias en papel, sen sinatura pero con título e lema en sobre pechado.
O prazo de presentación acabará o próximo 30 de xuño e o lugar para enviar os orixinais será o Concello de Viveiro. Haberá un primeiro premio de 4.000 euros e un segundo de 1.000...
leer másO Concello de Viveiro publicou as bases do III Premio de Novela Vilar Ponte, un certame que naceu coa finalidade de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, asemade, apoiar e difundir a literatura en lingua galega.
Tras o éxito das dúas primeiras edicións, o Concello viuse na obriga de aprazar o ano pasado a terceira, debido á situación sanitaria derivada da pandemia do coronavirus
Como en anos anteriores, tanto a extensión como a temática das obras é libre e cada orixinal será presentado en catro copias en papel, sen firma pero con título e lema en sobre pechado.
“Estamos moi satisfeitos pola calidade e a cantidade dos exemplares recibidos no 2018 e no 2019, as dúas edicións foron un éxito e queremos consolidar o premio dentro do escenario da literatura galega”, afirmou a alcaldesa de Viveiro,...
leer másA Librería Bahía, de Foz, acollerá o vindeiro luns, 18 de febreiro, a presentación da novela de Santiago Lopo, A arte de trobar, coa que gañou o Premio Xerais na edición de 2017. O acto dará comezo ás 20:30 horas e nel tamén participará o club de lectura da Pomba do Arco.
Santiago Lopo estará ademais, a primeira hora da tarde, con alumnos de primeiro de bacharelato do IES de Foz.
A arte de trobar é unha novela que se sitúa no século XII e que nos achega o mundo dos trobadores e xograres, nunha narración áxil e con grandes doses de intriga.
Pepe Peinó presentará a súa segunda novela “A Fuxida” o 22 de decembro no Valadouro.
Peinó comentou que “escribir é unha experiencia intermedia entre soñar e crear. Eu soñei toda a miña vida e as miñas inquedanzas creativas leváronme, entre outras cousas, cara á literatura. Agora publico con Olelibros a miña segunda novela, tamén en galego. Titulada A fuxida, fala das inquedanzas da adolescencia, dos seus conflitos emocionais, da busca incesante que acompaña a esa idade, unha busca que é á vez dun mesmo, do mundo e do lugar que debemos ocupar nel. Xaime é un rapaz solitario e reflexivo, que se fai moitas preguntas sobre a vida e, ansioso por atoparlles resposta, foxe da súa casa e da súa familia, intentando situarse a si mesmo no lugar que lle corresponde. Trátase dunha historia tan cotiá como profunda, tan de todos como especial”.
... leer másO día 10 chega ás librarías A raíña das velutinas, a novela de Lionel Rexes premiada no certame Lueiro Rey do Concello do Grove hai uns meses.
A obra foi editada por Xerais e en breve será presentada en diversas localidades da comarca, non obstante, poderá ser adquirida a partires deste martes.
O autor conta con seis galardóns anteriores obtidos en certames de relato curto, entre eles o Pedrón de Ouro e o Lonxa Literaria.
A presentación oficial desta novela terá lugar no mes de outubro no Concello do Grove (en data aínda por concretar); o seguinte acto de presentación celebrarase na Casa da Penela (Vilamor, Mondoñedo), lugar onde se desenvolve boa parte da acción da novela.
Desta obra, o xurado do premio grovense salientou: “o seu brillante labor de documentación e as historias...
A xoven escritora Antía Yáñez Rodríguez presentará a súa primeira novela titulada "O misterio de Portomarín", este venres, 24 de marzo, en Burela.
A presentación terá lugar na Librería Nobel, sita na rúa Castelao 2, ás 19:30 horas.
Antía Yáñez Rodríguez estará acompañada nese acto polo concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz, e por Arturo Ponte da Editorial Galaxia, que publica esta obra.
"O misterio de Portomarín" é unha novela de intriga que ven recomendada para maiores de 12 anos. Narra a historia de catro irmáns que van veranear a Portomarín e comezan a investigar un misterio que todos consideraban esquecido, como a vila que descansa debaixo das augas do encoro.