A Librería Bahía, de Foz, acollerá o vindeiro luns, 18 de febreiro, a presentación da novela de Santiago Lopo, A arte de trobar, coa que gañou o Premio Xerais na edición de 2017. O acto dará comezo ás 20:30 horas e nel tamén participará o club de lectura da Pomba do Arco.
Santiago Lopo estará ademais, a primeira hora da tarde, con alumnos de primeiro de bacharelato do IES de Foz.
A arte de trobar é unha novela que se sitúa no século XII e que nos achega o mundo dos trobadores e xograres, nunha narración áxil e con grandes doses de intriga.