Mañá, 9 de agosto, a partir das 22:30 horas pequenos e maiores poderán gozar dunha nova sesión de cine ao aire libre na praza da Mariña. A entrada é de balde. En caso de chuvia a proxección trasladarase ao auditorio.
Neste caso proxectarase a película de debuxos animados La Oveja Shaun (2015), nominada aos premios Oscar 2016, Globos de Oro 2016, Cine Europeo 2015, como mellor filme de animación.
Sinopse: Shaun é unha ovella moi lista e travesa que vive coas súas compañeiras de rabaño na granxa de Mossy Bottom baixo a suposta supervisión do granxeiro e de Bitzer, un can pastor con boas intencións pero moi despistado. A pesar dos esforzos de Shaun a vida na granxa é bastante monótona e a ovella idea un inxenioso plan para ter un día libre.