Natureza
A Concellería de Medio Ambiente de Foz continúa no ano 2020 promocionando o medio natural. Segundo explican desde ese departamento “co gallo do día dos humedais o vindeiro 2 de febreiro e sendo o noso Concello parte da Rede Natura 2000, cremos de interese para toda a veciñanza e visitantes esta exposición. A natureza galega é un mosaico de paisaxes de costa e montaña, densas fragas e chairas extensas, rías onde conflúen os ríos e o mar, queirugais, matos e lagoas. Acóllese así unha importante diversidade de especies animais e vexetais”.
A exposición “Galicia conservando a natureza” presenta ao gran público a diversidade e singularidade dos espazos naturais protexidos, permite concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e o seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies.
... leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, pon en valor que o Conxunto Etnográfico do Vilar, inaugurado esta mañá, contribúe a desenvolver a oferta turística do Concello e a identificar a cidade como un destino con actividades da natureza “sumamente atractivo”.
A rexedora precisa que este proxecto integral, que inclúe un albergue da natureza, unha aula da natureza e un centro de recepción BTT que se porá en funcionamento proximamente, supón unha “aposta pola natureza como valor seguro que sempre debemos coidar e protexer”.A rehabilitación do conxunto etnográfico deu comezo o 5 de novembro do ano 2003.
O acto de inauguración contou coa participación da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, membros da Corporación mindoniense e outros representantes das administracións; ademais de propietarios dos terreos...
leer más