Un dos puntos fortes do Vicedo e da Mariña é a natureza. O Vicedo fai desta fortaleza o seu eslogan turístico "NATUREZA ENVOLVENTE" e cada ano organiza os chamados mércores de natureza onde se organiza algún tipo de actividade relacionada co entorno natural do concello e da comarca (pode ser ruta de sendeirismo, ruta de kayak, rutas mixtas, etc).
Este vindeiro mércores, 3 de agosto, a actividade será o descenso en kayak do Río Sor, unha actividade que se organiza cada verán porque nos permite dar a coñecer o Río Sor e parte da Ría desde dentro. Nesta ruta, que dura unhas 2 horas, os participantes poderán observar os seguintes puntos de interese: O entorno de Ribeiras do Sor (o punto navegable máis alto do Río), á área recreativa de Ribeiras do Sor, a Illa de S. Martín, as pontes sobre o Río Sor, a paia de Arealonga e o porto do Vicedo. A Actividade está pensada para poder ser realizada por un abano amplo de idades, desde xente moi maior ata nenos a partir de 7-8 anos. Outra opción interesante é que os kayaks vaian ocupados por un neno e un adulto. A ruta desenvólvese a un ritmo tranquilo e haberá un descanso a medio camiño. Na actividade participan tanto os monitores da empresa de ocio Actividades Estaca como persoal do Concello de O Vicedo.
O prezo da actividade é de 15 € por persoa e hai que anotarse no teléfono: 982 59 01 95. O punto de encontro para a actividade será o porto pesqueiro do Vicedo ás 18:30h desde onde as furgonetas da empresa Actividades Estaca levará os participantes ata Ribeiras do Sor para comezar a ruta, que remata precisamente no Porto do Vicedo.
Máis información:
Casa da Cultura O Vicedo
Tlf: 982 59 01 95