O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE organiza o vindeiro 8 de novembro a Ruta Senda Costeira de Xove, unha proposta á que están convidados todos os amantes da natureza e coa que os organizadores queren contribuír ao mellor coñecemento da comarca mariñá.
O punto de saída é o Portiño de Morás, no que os participantes deben estar ás 9:30 horas. O traxecto é de 12 quilómetros, pero a dificultade do percorrido é baixa e cunha duración de tres horas e media. A inscrición é gratuíta e poderá facerse até o 6 de novembro na Piscina Municipal de Xove ou no teléfono 618976159. O xantar está previsto no bar A Cancela, de Morás, e consistirá nun cocido. A comida custa 22 euros -12 euros para os nenos- e vai por conta propia, previa reserva ao facer a inscrición antes do día 6 de novembro. O xantar será a despedida da tempada 2015 e farase sobre as 14:30 horas.
Os participantes desprazaranse ao Portiño de Morás por conta propia e deixarán alí os seus vehículos. Dende o Portiño até o punto de saída da ruta en Vilachá o desprazamento realizarase en autobús, que será gratuíto para os inscritos. Sobre as 10 horas da mañá o grupo sairá a pé de Vilachá e dará comezo a ruta, que continuará até o portiño de Morás, a onde chegarán os camiñantes sobre as 13:30 horas.
Organizan e patrocina a ruta a ACD Xove e o Concello de Xove.