En Mondoñedo celébrase o 25 de xullo o "Mercado das Carmiñas", que organiza a Aciam e que conta coa colaboración do Concello e da Deputación de Lugo.

En Mondoñedo celébrase o 25 de xullo o "Mercado das Carmiñas", que organiza a Aciam e que conta coa colaboración do Concello e da Deputación de Lugo.
 
O 25 de xullo celebrarase en Mondoñedo o Mercado das Carmiñas 2016, que se inaugurará ás 10 da mañá na praza da Catedral. E ás 12:00 horas haberá demostración de tallado en pedra a cargo de Fernando Vilariño.
 
Neste Mercado das Carmiñas terá lugar a Festa da Ensalada que comezará ás 13:00 horas na praza do Concello. Haberá concurso e premio para as tres mellores. Nos locais de hostalería da localidade e na propia praza do Concello poderán degustarse as ensaladas feitas con produtos típicos da horta mindoniense.
 
Ás 14:00 horas na praza do Concello, actuará Son de Lugh e ás 15:00 horas rematará o concurso de ensaladas. Pola tarde ás 17:00 horas pasarruas con Son de Lugh; ás 18:00 horas de novo demostración de tallado en pedra a cargo de Fernando Vilariño; ás 19:00 horas na Praza da Catedral, xogos a cargo de Merliñ@s; e ás 21:00 horas terá lugar a entrega de premios do concurso de ensaladas e clausura co Mercado das Carmiñas.
 
No concurso de ensaladas poderá participar toda persoa que o desexe previa inscrición que pode facerse nos números de teléfono 605 372 045(Ángel) ou 607 217 810(Suso). Cada participante elaborará un mínimo de dez porcións podendo levalas xa preparadas ou facelo na carpa que estará instalada na praza do Concello.