Mondoñedo

25/07/2022

Mondoñedo e Fuxan os Ventos están indisolubelmente unidos, porqueeste grupo musical arrancou hai 50 anos a súa intensa traxectoria na vella cidade episcopal. Mondoñedo prepara agora unha exposición sobre Fuxan os Ventos, coa aportación do material cedido por Valín Libros. Será unha forma de celebrar nas próximas festas patronais os 50 anos transcorridos desde o inicial participación de Fuxan os Ventos nas San Lucas de Mondoñedo de 1972. A recompilación de material é unha maneira de render homenaxe a unha formación que contribuíu coa súa música a situar a Mondoñedo no centro de Galicia. A intención do Concello é que a exposición chegue a ter carácter permanente e se converta nun espazo para o recordo da historia deste emblemático grupo.

Dende o goberno local de Mondoñedo explican que a recompilación do material sobre o emblemático grupo...

leer más
Etiquetas:
16/06/2022

Presentouse na Praza de San Marcos de Lugo o Festival MindoMúsica que se celebrará do 3 ao 10 de xullo en distintos emprazamentos do concello de Mondoñedo, desde a Catedral ata as parroquias do rural, achegando a música a todos os públicos con concertos en pequeno formato,  actividades divulgativas  e espectáculos interdisciplinarios.

A coordinadora do festival e violinista Rebeca Maseda explicou que unhas das novidades e apostas desta cuarta edición é “a incorporación ao festival doutras artes, con espectáculos nos que a música dialogará con outras disciplinas como a danza, a performance ou a videocreación”, afondando no obxectivo do festival de propoñer unha oferta cultural de calidade no rural.

O programa arrancará o domingo 3 de xullo co Parroquias Tour,  con concertos da formación EnClave Poético -César Morán...

leer más
12/06/2022

O Campamento de Verán do Concello de Mondoñedo, dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos, desenvolverase do 23 de xuño ao 7 de setembro. 

As inscricións estarán abertas ata o 17 de xuño nas oficinas de Servizos Sociais, situadas no baixo do Concello, con cita previa. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono: 982 52 40 03 Extensión 8

Etiquetas:
05/06/2022

Os días 18 e 25 de xuño terán lugar en Mondoñedo as XV Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño”.

No auditorio Pascual Veiga será o 18 ás sete da tarde a Xornada sobre a historia e o patrimonio en Mondoñedo, o seu estudo e posta en valor. E o 25 a Xornada estará dedicada á emigración e á tradición da peregrinación xacobea en América. 

Xa do 26 de xuño, domingo, pola mañá e pola tarde haberá romaría na área recreativa de A Fervenza de Viloalle. 

A cita está organizada pola asociación Abrindo Camiño, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Mondoñedo. 

 

Etiquetas:
29/05/2022

Desde este verán, e concretamente desde o 4 de xuño poderase realizar un novo tipo de visita á Cova máis grande de Galicia. Acompañados por dous guías expertos, esta proposta ofrece un maior percorrido, duración e grao de dificultade. 

VISITA AO RÍO
A Visita ao Río faise nunha cova en estado natural e ten dificultade media-alta, polo que se solicita un bo estado físico.

A visita, que ten un custo de 30 € por persoa, é guiada en grupos reducidos e a idade mínima son 18 anos. (Grupo mínimo 5 persoas e máximo 8 persoas). 

Proporciónase casco con iluminación, luvas de vinilo, luvas de coiro, cobre-cabelo e un mono refugable con carapucha.

É necesario levar calzado pechado con fondo de goma para evitar escorregar (traelo aparte, para poñer no momento de equiparse antes de entrar en cova). Recomendable bota de montaña alta ou bota de goma que agarre o...

leer más
25/05/2022

A asociación do barrio dos Muíños, de Mondoñedo, e a asociación cultural O Pasatempo organizan o Foleón de San Xoán na noite do 23 de xuño.

O programa dará comezo ás 17:00 horas con actividades para nen@s nas que haberá colchonetas inchables. Ás 21:30 horas comezará a cea e ás 23:00 h. celebrarase verbena co Dúo Epo-K e actuación de DJ. Ás 00:00 horas procederase ao acendido do foleón.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Mondoñedo e Puzzle Animación.

22/05/2022

O conxunto músico vocal Escolma de Meus ofrecerá un concerto o 28 de maio ás nove da noite do auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo. Os asistentes poderán gozar de habaneras, boleros e música cubana, entre outras pezas. 

A actuación está organizada polo Concello de Mondoñedo. 

 

21/05/2022

O vindeiro 18 de xuño terá lugar en Mondoñedo a novena xuntanza de clásicos. 

Na concentración participarán coches clásicos, motos, camións e tractores. As inscricións poden realizarse nos seguintes números de teléfono: 629 808 751 (Albino), 636 496 439 (Asun) e 605 372 045 (Angel).

Os asistentes xantarán na Finca San Antonio. Haberá sesión vermú e servirán un menú composto por pescada á galega, solomillo de porco con champiñóns, postre, café, viños, cervexa, refrescos, auga e licores. O prezo por persoa é de 35 euros. 

A 9ª Xuntanza de Clásicos está organizada pola Asociación de Clásicos Mindoniense "Miraeanda" coa colaboración do Concello de Mondoñedo.

 

24/04/2022

Desde a asociación Vespa&Faba Clásicos de Lourenzá explican que “un año más desde la asociación As San Lucas de Mondoñedo nos invitan el domingo, día 1 de mayo, a su celebración de as festas e feiras das Quendas, que se celebran el 29 y 30 de abril y 1 de mayo. Nosotros el día 1 nos reuniremos con nuestras vespas, lambrettas y clásicas, a partir de las 10:00 en la plaza de la Catedral, para a continuación salir de ruta por los alrededores de Mondoñedo, hasta llegar al recinto de la fiesta, en donde asistiremos a la sesión vermú. Una vez finalizada iremos a comer al bar Bigotes, donde degustaremos jamón cocido,  pulpo, churrasco y postre”.

E engaden: “después tendremos unos detalles para la moto más antigua, la llegada de más lejos, la más espectacular... etc etc”. 

 

12/04/2022

Mondoñedo celebrará as súas tradicionais feiras e festas de As Quendas do 29 de abril ao 1 de maio. O amplo programa de actividades, que está a ultimar a Asociación organizadora, será presentado o nos vindeiros días. 

O pregón, previsto para o 29 de abril, será pronunciado por Claudia del Pino, profesional do turismo, formadora e guía de turismo oficial, traballou na oficina de turismo de Mondoñedo e é colaboradora habitual da Asociación As San Lucas. Será no auditorio Pascual Veiga ás oito e media da tarde. 

O 30 de abril, ás 20:00 horas e tamén no auditorio mindoniense terá lugar a comedia ‘Nais’ de Marc Egea e dirixida por Javier Mariño. Elena (Eva Iglesias) e Carla (Inma Morandeira) son as protagonistas desta comedia de enredo chea de situacións disparatadas. Ambas coñécense por casualidade na sala de espera...

leer más