O barrio dos Muíños en Mondoñedo celebra as festas do Santiago entre o 23 e o 25 de xullo.

 

O barrio dos Muíños celebrará as festas do Santiago o 23, 24 e 25 de xullo. Están organizadas pola asociación Barrio dos Muíños e conta coa colaboración de A Taberna do Valeco. A festa dará comezo o domingo 23 cunha sesión vermú á 13.30 horas e unha verbena ás 21.30 horas, ambas actuacións da man do Dúo Belinda.

Posteriormente, o luns 24 ás 22.30 horas continuará a festa coa verbena a cargo do Trío Zafiro seguida da discomóvil Eventec. Finalmente, o 25 de xullo comezará cunha misa solemne e unha procesión na honra de Santiago. O broche que pecha as festas será unha sesión vermú co DÚO EPO-K.