Mondoñedo
Será en horario de 20:00 a 23:00 horas o venres; de 12:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 23:00 horas o sábado; e do domingo de 12:00 a 15:00 horas. Na cita participan sete locais hostaleiros: Cervexaría Abadía, A Bodeguiña, Vinoteca O Petisco, O Palique, O Rincón de Mondoñedo, Bar Amencer e Cafetería Daira. O prezo das tapas será de 3 euros.
Haberá premios para as 3 mellores tapas valoradas polo público. Os pasaportes dos tapeadores deberán ter o selo de polo menos seus locais para ser válidos.
A Xunta de Galicia, a través de O Teu Xacobeo, apoia o concerto que ofrecerá o día 31 de outubro en Mondoñedo o cantante chileno Américo, Rei da Cumbia, que servirá como colofón á celebración das festas das San Lucas.
A xefa do Servizo de Coordinación Cultural de Lugo, Ana Mel, participou hoxe na presentación xunto co alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e representantes da asociación San Lucas. O concerto comezará ás 22.00 horas na praza da Catedral e a entrada será de balde.
O Salón de Actos da Deputación de Lugo acolleu esta mañá a presentación da 866 edición das San Lucas de Mondoñedo, que contan unha edición máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo cunha achega de 20.000 euros. O deputado Efrén Castro na que participou tamén o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Paz, o pregoeiro desta edición Modesto Díaz, e o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, así como representantes da corporación municipal.
O mundo do cabalo será protagonista das San Lucas co paso dos cabalos polas rúas e Praza da Catedral de camiño á feira (luns 17, ás 18.00 horas), así como o propio mercado (martes 18, todo o día), diferentes certames morfolóxicos e de andadura e unha exhibición de doma nocturna espallados ao longo dos festexos. A organización destacou nese senso a celebración por primeira vez dentro da feira...
leer másMañá venres, 9 de setembro, ás 20:30 horas no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo, terá lugar a gran gala final da VIII edición de Mamá Quero Cantar.
Este ano coa participación de 12 rapaces e rapazas que agardan con ilusión ofrecer un marabilloso espectáculo. A entrada será libre e gratuíta.
A asociación Gaita Escola de Mondoñedo organiza este sábado, 10 de setembro, a “X Xuntanza de Cantos de Taberna”.
O encontro terá lugar ás 20:00h onde 12 grupos de diferentes puntos de Galicia cantarán e tocarán polos diferentes bares e tabernas da vila. Con motivo do seu décimo aniversario contan cunha actuación de balde moi especial.
Treixadura estará en concerto ás 22:30h na Praza da Catedral para presentar o seu novo traballo, “Camiño Longo” e celebrar que, ao igual que os Cantos de Taberna, tamén están de aniversario xa que levan 30 anos de andaina. Con este disco Treixadura quere recuperar as melodías dos inicios do grupo e soarán en directo os temas máis emblemáticos da agrupación.
Pero aínda hai máis, Gaita Escola convida a seguir a festa cunha foliada aberta na Praza do...
leer másO alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e o deán da catedral de mindoniense, Pedro Díaz,acompañadosdos membros da comisión de festas dos Remedios, presentaron esta mañá o cartel da tradicional festividade na honra da Virxe dos Remedios, que ten coma eixo central a ofrenda que presentan as cidades e vilas capitais de partido xudicial da Diocese de Mondoñedo-Ferrol.
A ofrenda, que se mantivo sen interrupción ao longo dos anos da pandemia, será presentada nesta ocasión polo alcalde do Concello de Mondoñedo, e recuperará, este ano si, a tradicional procesión coa imaxe da patroa, acompañada pola banda de música Pascual Veiga, e coa traca pirotécnica habitual.
No que respecta ao cartel festivo, un total de 5 orquestras actuarán no paseo central da Alameda, destacando ao “Grupo Beatriz”, a noite do sábado a partir das 24...
leer másO alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, acompañado do concelleiro de Cultura, Alberto García, presentaron esta mañá xunto á presidenta da asociación Gaitaescola, Teresa Lodos, e do seu vicepresidente, César Picoaga, o concerto do grupo galego Treixedura e que terá lugar o vindeiro sábado 10 de setembro ás 22:30 horas, na Praza da Catedral. Este concerto engóbase no marco das festas patronais da Virxe dos Remedios, e coincidindo co X aniversario dos Cantos de Taberna.
Este evento de música tradicional galega, organizado por Gaitaescola, está xa consolidado dentro da programación cultural da localidade e atrae cada ano a unha ducia de grupos de toda Galicia que durante o serán do sábado animan as rúas e prazas do casco histórico e se estende ata a madrugada.
Treixadura, creado en 1990, está inmerso actualmente na xira...
leer másA xornalista Esther Eiros Rascado, natural de Bretoña, dona ao Concello de Mondoñedo a propiedade de bibliografía composta polos seus libros de viaxes a nivel nacional e internacional, guías e fotografías, así como un resumo dos premios e recoñecementos ao longo dos seus 52 anos de profesión, 33 co premiado programa radiofónico ‘Gente Viajera’. Eiros e o alcalde, Manuel Otero, firmaron este venres o acordo nun acto na Casa do Concello.
Mondoñedo creará, deste xeito, o espazo Esther Eiros, Gente Viajera que a xornalista ofrece á memoria da súa tía Purificación Rascado Alonso, “la persona que me regaló mi primer libro de tapas blandas con poesías de Rosalía de Castro que -junto a la lectura del clásico Cumbres Borrascosas, de Emily Brontë, y de obras de Emilia Pardo Bazán- me inclinó hacia el periodismo, escribir historias y poesía”. Eiros...
leer másMondoñedo celebrará o XXX Mercado Medieval, unha edición simbólica, os días 12, 13 e 14 de agosto. Unha edición marcada pola volta á normalidade na celebración dunha festa histórica e de Interés Turístico Galego, que ademais é das máis antigas do seu xénero en Galicia. Polo tanto, volverán as actividades de degustación gastronómica e haberá unha representación ambiental e simbólica cun marcado carácter histórico e cultural que inclúe actividades na Praza da Catedral, onde se recreará a imaxe da cidade na Edad Media.
O sábado 13 de agosto ás 12.00 horas terá lugar o pregón que correrá a cargo de voluntarios do Mercado Medieval. Dito pregón realizarase desde o balcón da antiga Casa Consisterial, situada na Praza da Catedral. Tras o pregón terá lugar o acto simbólico da Porta Medieval “A Fonte”. Durante este día haberá actividades como a...
leer más