Mondoñedo acollerá un programa de formación para a dixitalización de mulleres do 26 de setembro ao 9 de novembro.

Mondoñedo acollerá un programa de formación para a dixitalización de mulleres desde o 26 deste mes ata o 9 de novembro.

Esta actividade de formación gratuíta, que inclúe un ordenador portátil de regalo e título acreditativo, é para mulleres de Mondoñedo e desenvolverase no Pazo de Santo Tomé en horario de 09:00 a 14:00 horas ou de 16:00 a 21:00 horas.

As interesadas poden contactar cos organizadores a través do teléfono 698.19.75.18, do correo electrónico lugo@galegasdixitais.es ou no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo (teléfono 982.52.40.03)