A Mariña
A horta da comarca será a protagonista do 21 ao 23 de agosto da campaña #DegustaAMariña da FCAM. Os locais hostaleiros participantes ofrecerán tapas, racións ou pratos elaborados con produtos cultivados na terra mariñá.
O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, dixo que “esta vindeira fin de semana queremos render homenaxe á horta da Mariña e a todas e todos eses produtores que con tanto esmero labran as súas terras e coidan as súas producións. Na horta da Mariña podemos atopar, entre outras cousas, a exquisita faba de Lourenzá, os pementos de Piñeira, tomates, calabacín, pepino, leituga, xudías, repolos, zanahorias, cebolas, allos, fresas, arándanos… é unha produción moi variada e de temporada. Vaise renovando con cada estación”.
Paleo considera que “esta é unha boa ocasión para saborear os produtos que da a...
leer másMariña Patrimonio continúa co ciclo de conferencias online, que iniciou o pasado mes de maio, organizando con Álvaro Crego unha charla sobre a toponimia galega.
“E logo ti de onde vés sendo? Galicia Nomeada: toponimia colaborativa” é o suxestivo título da charla que se poderá seguir na canle de Facebook de Mariña Patrimonio o vindeiro xoves, 20 de agosto, a partir das 19.30 horas.
Desde Mariña Patrimonio explican que “Álvaro Crego, colaborador do proxecto Galicia Nomeada, unha iniciativa da Real Academia Galega para documentar a enorme riqueza toponímica de Galicia, adianta que o seu relatorio centrarase na importancia de preservar un patrimonio cultural único no mundo: a riqueza toponímica da nosa terra e dos nosos mares. Tamén se falará sobre os factores que motivaron esta enorme riqueza e explicarase a...
leer másPor Barreiros e polo Valadouro discorrerán os vindeiros roteiros de A Mariña en Ruta os días 19 e 22 de agosto.
Ecosistemas da Praia de Arealonga (Barreiros) é un roteiro interpretativo dos ecosistemas dunha praia no que se analizará a orixe xeolóxica do areal e a existencia de turbeiras e solos fósiles. Será o vindeiro mércores, 19 de agosto. Comprobarase o funcionamento das mareas no mar Cantábrico e poderase observar a fauna e a flora do ecosistema dunar. Na zona intermareal estudaranse as adaptacións de diferentes especies ante as duras condicións ás que se ven sometidas durante os ciclos de mareas, identificando os principais grupos de algas e animais.
Esta ruta será guiada por Óscar Chao, que é Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Posúe un Máster en Xestión de Sistemas...
leer másDo 14 ao 16 de agosto campaña da FCAM #DegustaAMariña renderá homenaxe á tenreira galega.
O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, lembrou que “o que estamos a facer desde o 24 de xullo é lembrar e homenaxear ás festas gastronómicas da comarca que este verán foron canceladas. Xa degustamos pescada, bonito e marisco e esta fin de semana será tempo de saborear a exquisita tenreira galega desta comarca. É a nosa particular homenaxe ás explotacións de gando da Mariña e ás festas de exaltación deste produto que neste 2020 foron canceladas tras a pandemia do covid-19”.
Paleo subliñou que “o que pretendemos ademais é fomentar o consumo dos produtos de tempada desta zona que os establecementos hostaleiros da Mariña teñen nas súas cartas e que son un reclamo para os turistas que nos visitan no verán e tamén para as...
leer másDo 7 ao 9 de agosto o marisco será o protagonista da campaña #DegustaAMariña da FCAM. As mariscadoras son as homenaxeadas esta fin de semana.
O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, lembrou que “o que estamos a facer desde o 24 de xullo é lembrar e homenaxear ás festas gastronómicas da comarca que este verán foron canceladas. Primeiro foi a pescada do pincho, despois o bonito e agora o marisco. Tocaba celebrar a festa do percebe, en Rinlo, e o que queremos é lembrarnos desa data e sobre todo do traballo que realizan as mariscadoras e os mariscadores da nosa comarca”.
Paleo engadiu que “o que pretendemos ademais é fomentar o consumo dos produtos de tempada desta zona que todos os bares, mesóns e restaurantes teñen nas súas cartas e que son un reclamo para quen nos visita”.
O presidente...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza unha serie de rutas en agosto e setembro para completar e diversificar a oferta do xeodestino ademais de axudar na reactivación da actividade turística. A Mariña en Ruta desenvolverase nunha primeira quenda os días 5, 10 e 12 de agosto. A iniciativa foi presentada este mediodía no Cenima en Foz.
A Mariña Lucense é un enclave único, cunha ampla e diversa riqueza cultural e natural con 114 quilómetros de costa e 18 áreas protexidas. É o caso da Reserva da Biosfera Terras do Miño ou a do río Eo, Oscos e Terras de Burón que abarcan varios concellos da nosa comarca. Así como os Monumentos Naturais de As Catedrais e o Souto da Retorta, varias ZEC (Zonas de Especial Conservación), ZEPA (Zonas de Especial Protección para as Aves), Humedais de Importancia Internacional RAMSAR, espazos Rede...
leer másDonapubli, agencia ribadense con más de 20 años de experiencia, ha presentado esta mañana Turisgalicia, la primera app de turismo, guía de ocio e información de A Mariña.
Un proyecto muy ambicioso y con un amplio trabajo a sus espaldas, que surge tras detectar la necesidad de ofrecer una app integral que facilite y acerque a los usuarios los innumerables recursos que se encuentran en A Mariña.
Turisgalicia recoge todos los elementos que se pueden esperar de una app turística de primer nivel:
- los lugares de interés, playas y rutas de A Mariña.
- una guía de ocio en un apartado específico de agenda de constante actualización que incluye todas las actividades de interés.
- una selección de experiencias de turismo, deportes y ocio
- una oficina virtual de turismo.
- un apartado específico sobre el...
A campaña #DegustaAMariña rende homenaxe do 31 de xullo ao 2 de agosto ao bonito, na fin de semana na que tería que celebrarse a Feira en Burela.
O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, dixo que “o que estamos a facer deste o 24 de xullo é lembrar e homenaxear ás festas gastronómicas da comarca que este verán foron canceladas. Primeiro foi a pescada do pincho e agora facémolo co bonito. O que pretendemos ademais é fomentar o consumo dos produtos de tempada desta zona que todos os bares, mesóns e restaurantes teñen nas súas cartas”.
Paleo anima “á xente da comarca e aos turistas que nos visitan a saborear e a disfrutar dos produtos do noso mar e da nosa horta. O que tentamos é potenciar o seu consumo durante as fins de semana ata finais de agosto. E que cada persoa que deguste pescada, bonito, marisco, etc…...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, en colaboración co Grupo Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014), compañía con 30 anos de traxectoria que se converteu no grupo de teatro máis prolífico e coñecido da historia recente de Galicia, vén de iniciar os traballos para ampliar a oferta de audioguías ficcionadas no xeodestino. Neste caso trátase dos concellos de Alfoz e Lourenzá, con historias locais ficcionadas e un tratamento teatralizado de escenas e personaxes, configurada a partir de información recollida no territorio.
O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, lembrou que “A Mariña Lucense foi pioneira en activar audioguias ficcionadas para os centros históricos de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro, en catro idiomas distintos: galego, castelán, inglés e francés. Agora trátase de dar continuidade ao proxecto con estas novas audioguías, ampliando o seu alcance a...
leer másMañá, 24 de xullo, arrinca a campaña #DegustaAMariña coa que a FCAM e a Mancomunidade de Concellos queren render homenaxe ás festas gastronómicas da comarca que este verán foron canceladas. A primeira protagonista será a pescada do pincho.
José Carlos Paleo, o presidente da FCAM, explicou que “deste xeito pretendemos render homenaxe a todas as festas gastronómicas que este verán se tiveron que cancelar pola pandemia do Covid-19. Queremos fomentar o consumo dos produtos de tempada desta zona que todos os bares, mesóns e restaurantes teñen nas súas cartas, xa sexa como tapas, como racións ou como pratos”.
Paleo subliñou que “coa campaña #DegustaAMariña queremos animar á xente da comarca e aos turistas que nos visitan durante este verán a saborear e a disfrutar da pescada do pincho, do bonito, do marisco, dos...
leer más