A Mariña

Etiquetas:
08/10/2020

Mariña Patrimonio continúa co ciclo de conferencias online, que iniciou o pasado mes de maio, organizando con Miguel Losada, arqueólogo e antropólogo, unha nova charla titulada "O Enigma do Formigoso: Unha fortificación no Castelo Pequeno de Santigoso", que se poderá seguir na canle de Facebook de Mariña Patrimonio mañá, 9 de outubro, a partir das 19.30 horas. 

Desde a organización achegan un texto no que Miguel Losada introduce o tema: 
“Houbo alguén, non sabemos quen, que, non sabemos cando, deseñou, moveu e colocou non menos de 100.000 toneladas de materiais, áridos e pedras, para construír unha enorme estrutura arquitectónica dunhas 13 hectáreas, integrada por murallas, foxos, noiros e áreas de pedras fincadas visible inda hoxe dende quilómetros no cimo dunha montaña galega de case que 1300 msnm e tampouco sabemos o porqué....

leer más
Etiquetas:
06/10/2020

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia, organiza as II Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, que se desenvolverán as fins de semana do 9 ao 18 de outubro. Nesta ocasión estarán destinadas aos profesionais do turismo, da hostalería e do comercio da comarca, das axencias de viaxes e dos centros educativos de Galicia.  

Desde a Mancomunidade o seu presidente, Fran Cajoto, lembra que “se trata de xornadas con actividades gratuítas que o ano pasado estiveron dirixidas ao público en xeral e que este ano o ente supramunicipal xunto aos artesáns decidiu dedicar especialmente aos profesionais do turismo, hostalaría e comercio locais, axencias de viaxes e centros educativos. Co obxectivo por un lado, de que os profesionais do territorio e en contacto co turista podan...

leer más
Etiquetas:
03/10/2020

A Mancomunidade fai unha valoración moi positiva do programa A Mariña en Ruta, que se desenvolveu durante os meses de agosto e setembro. 327 persoas gozaron da oferta de rutas ofrecidas e amosáronse partidarios de volver repetir a experiencia e consideran que debería ter continuidade. O ente supramunicipal anunciará ao longo dos vindeiros días o calendario de roteiros programados para este outono. 

O pasado 26 de setembro remataban os roteiros programados para agosto e setembro de A Mariña en Ruta, que contaron cunha moi boa acollida. O proxecto, promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, e coordinado pola empresa de ecoturismo Maremasma, puxo en valor o rico patrimonio cultural e natural da Mariña Lucense con 21 roteiros únicos durante este atípico verán 2020 marcado...

leer más
Etiquetas:
23/09/2020

#CociñandoAMariñaLucense é a nova iniciativa que pon en marcha a Mancomunidade coa colaboración da FCAM e da Xunta de Galicia. O obxectivo pasa por posicionar a comarca como referente do turismo gastronómico e por poñer en valor aos produtores, aos produtos e á gastronomía local. Trátase dunha acción de resposta á actual crise sanitaria. #CociñandoAMariñaLucense inclúe unha guía na que se poderán atopar os datos dos 240 produtores locais que hai na Mariña, de sectores como a agricultura, a gandeiría, a horta, a pesca, a avicultura, etc... e porá en marcha un concurso de vídeo receitas, que se desenvolverá do 15 de outubro ao 15 de novembro. No acto de presentación da campaña, que tivo lugar no Cenima en Foz, interviñeron o presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, o coordinador e creador da iniciativa, Lucas Requejo, o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, e o...

leer más
Etiquetas:
11/09/2020

A Fraga da Furna, na Serra do Xistral, e Mondoñedo serán as seguintes paradas de A Mariña en Ruta, os roteiros que organizou a Mancomunidade de Concellos de A Mariña Lucense durante os meses de agosto e setembro. 

Mañá, día 12, terá lugar a ruta á Fraga da Furna, que guiará Óscar Chao. A Fraga de Furna é unha ruta de interpretación de ecosistemas característicos da Serra do Xistral. Pretende ser unha iniciación á procura e interpretación de indicios de presenza de fauna silvestre (pegadas, excrementos, depredacións…). A ruta discorre por unha das fragas mellor conservadas do norte galego, onde os asistentes terán a oportunidade de analizar a súa orixe xeolóxica, a súa fauna e flora asociadas, e comprobarán o contraste cos ecosistemas de altura e turbeiras de cobertor, así como a presenza de diferentes especies animais, normalmente esquivas...

leer más
Etiquetas:
04/09/2020

Do 8 ao 10 de setembro seguirán os roteiros de A Mariña en Ruta por paraxes de O Vicedo, Cervo e Xove. Esta iniciativa da Mancomunidade está a ter moi boa acollida entre os asistentes. 

O vindeiro martes, día 8, terá un lugar un paseo entre volcáns, en O Vicedo, que será guiado por Francisco Canosa. Os participantes nesta ruta poderán descubrir unhas rocas que hai millóns de anos formaban parte dun conxunto de volcáns de máis de 600 quilómetros de lonxitude. Tamén visitarán lugares onde as rocas falan do pasado xeolóxico desta parte da Mariña lucense, de qué cambios se foron producindo nelas ata chegar ao aspecto que teñen na actualidade.

Municipio: O Vicedo.
Data: 8 de setembro do 2020.
Hora de inicio: 10:00  horas.
Duración: 3 horas.
Lugar de início: Restaurante Area Grande (Praia de San...

leer más
Etiquetas:
28/08/2020

Os roteiros de A Mariña en Ruta seguirán nos primeiros días de setembro por Riotorto, Ourol e Viveiro. A iniciativa da Mancomunidade conta coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia e da Deputación de Lugo. 

A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida, amósase satisfeita pola acollida que están a ter as diferentes rutas organizadas a través do xeodestino durante os meses de agosto e setembro: “no caso das próximas que imos ter, xa podemos adiantar que as prazas para o roteiro de Riotorto está completas, para Ourol quédannos 5 prazas libres e para Viveiro hai 9 dispoñibles neste momento. Iso indica que esta iniciativa está a resultar moi interesante para as persoas que nos visitan este verán”. 

A primeira das rutas en setembro terá lugar o día 1, o vindeiro martes. Será un paseo...

leer más
Etiquetas:
27/08/2020

Coas xornadas dedicadas ao peixe do día, que terán lugar do 28 ao 30 de agosto, rematará a campaña #DegustaAMariña da FCAM. Os locais hostaleiros participantes ofrecerán tapas, racións ou pratos elaborados co peixe coma ingrediente principal. 

O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, manifestou que “nesta última fin de semana de agosto queremos render homenaxe aos nosos mariñeiros. E por ese motivo #DegustaAMariña estará dedicada ao peixe do día. Son moitas as embarcacións que a diario saen ao mar para traernos os mellores produtos e os máis frescos: sanmartiño, sargo, dourada, ollomol, palometa, sardiñas, bocarte, xurel… Será un bo momento para saborear as exquisitas preparacións que atoparemos na nosa hostalería”. 

A FCAM estivo a homenaxear, desde o pasado 24 de xullo, a todas as festas gastronómicas da comarca...

leer más
Etiquetas:
25/08/2020

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense estrea nova web turística para a promoción do xeodestino e, ao mesmo tempo, para a divulgación e interpretación de todo o seu patrimonio. O obxectivo pasa por motivar ao turista a explorar e descubrir todas as posibilidades da comarca. Nunha segunda fase, a desenvolver nos próximos meses, incorporarase unha nova funcionalidade, que consistirá nunha ferramenta coa que se creará unha sección de servizos turísticos no xeodestino. Trátase dunha iniciativa que a Mancomunidade leva a cabo coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia.

O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, asegurou que “seguimos traballando desde a Mancomunidade nun sector estratéxico como é o turismo na nosa comarca. Xa vimos facendo distintas actividades, moi importante foi a campaña de promoción Vuelve a encontrar el...

leer más
Etiquetas:
23/08/2020

O luns, día 24, terá lugar un roteiro pola Fraga da Vilapena, en Trabada, que será guiado por Óscar Chao. Trátase dunha ruta de interpretación dun bosque húmido cantábrico. Será unha iniciación á busca e interpretación de indicios de presenza de fauna silvestre (pegadas, excrementos, depredación, etc). Durante a ruta os asistentes poderán observar a flora atlántica característica dun bosque húmido, así como comprobar a presenza de diferentes especies animais, normalmente esquivas e de hábitos nocturnos, a través de cámaras de foto-trampeo.

Municipio: Trabada.
Data: 24 de agosto do 2020.
Hora de inicio: 10:00 horas.
Duración: 2 horas e media.
Lugar de inicio: Vilapena (Trabada). Coordenadas: 43.408785, -7.219400
Dificultade: Media.
Observacións: A organización recomenda levar auga, crema solar e repelente...

leer más