Voces
A Coral Polifónica de Burela está buscando novas voces. Os ensaios son os luns e xoves de 21:30 a 23:00 horas.
“Se queres aprender canto coral ou xa tes experiencia, queres mellorar a túa voz, gústache traballar en equipo e adoras a música … este é o teu lugar. Ven e proba o canto coral durante un mes sen compromiso”, din desde a Coral Polifónica de Burela, coa que se pode contactar a través do teléfono 608.25.25.88 ou do correo electrónico coralpolifonicadeburela@gmail.com.
O auditorio da Casa da Cultura acollerá o 1º Festival Mar de Voces o sábado 8 de xuño.
A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, pola edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e por Amparo Pernas e Ángeles Martínez, en representación da asociación Mujeres de San Ciprián, que organiza o evento coa colaboración do Concello de Cervo.
O festival, con entrada libre e previsto para as 19:30 horas, contará coas actuacións do grupo local A Rebolaxe e Cantares de Brión (coro tradicional constituído en marzo de 2010 e integrado por 65 personas; entre os seus propósitos principais está a interpretación, divulgación e restitución da música coral tradicional galega con acompañamento instrumental, así como o uso e divulgación do traxe tradicional).
Desde a asociación Mujeres de San...
leer másA sétima edición do Festival de Voces Xóvenes A Cappella, que organiza a Delegación de Cultura do Concello de Foz, empezará este sábado, 4 de maio, e continuará os días 10 e 25 do mesmo mes. Todas as actuacións serán na Sala Bahía.
Este sábado ás 20:00 horas actuará o Proxecto Vocal Concerto Tempo, de Ferrol, que dirixe José Antonio García Mato desde a súa fundación, en 2006.
Os coros da Escola Municipal de Música de Foz, dirixidos por Felipe Sánchez Fernández, actuarán o 10 de maio, venres, ás 20:30 horas.
E o festival rematará o 25 de maio, sábado, ás 20:00 horas coa actuación do coro Tempus Fugit, de Viveiro, que dirixe Javier Fajardo.
Nesta actividade colaboran a Escola Municipal de Música de Foz e a Deputación de Lugo.