Lourenzá

03/10/2016
Pasada das Cabras, de Burela, e Terras de Lourenzá realizarán o 8 de outubro a 10ª etapa do Camiño Norte, entre O Castro e Arzúa.
 
As asociacións Pasada das Cabras de Burela e Terras de Lourenzá organizan para o vindeiro sábado, 8 de outubro, a 10ª etapa do Camiño Norte de Santiago dende O Castro a Arzúa cun percorrido de 17 quilómetros.
 
A saída será ás 8:00 horas da Estación de Autobuses de Burela e o prezo é de 20 euros para os socios e de 25 euros para os que non o son, inclúe autobús, comida e seguro.
 
Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504 antes do xoves 6 ás 20:00 horas. 
 
Etiquetas:
24/09/2016
A feira de produtos ecolóxicos certificados, que contará con 20 participantes, é unha das novidades da XXVI Festa da Faba, que se celebrará en Lourenzá do 30 de setembro ao 2 de outubro.
 
A feira de produtos ecolóxicos certificados, que contará con 20 empresas participantes, é unha das novidades da XXVI Festa da Faba de Lourenzá. O evento, que empezará o 30 de setembro, rematará o 2 de outubro, domingo, ás 18:30 horas cun encontro folclórico organizado pola asociación cultural Osorio Gutiérrez.
 
A feira exposición organizada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) celebrarase na praza César Chavarría. A súa directora, More Santiago, explicou que “a produción ecolóxica galega é un dos sectores con maior crecemento en todas as ordes, tanto en superficie como en facturación e en operadores. De feito o crecemento resulta nalgúns aspectos espectacular, se temos en conta, por exemplo, que en só oito anos pasou de 9.600 hectáreas a máis de 20.000 no...
leer más
Etiquetas:
20/09/2016
Presentados o cartel e o programa de actividades da XXVI Festa da Faba, que se celebrará os días 30 de setembro e 1 e 2 de outubro en Lourenzá.
 
A praza de Vilanova de Lourenzá acolleu a presentación do cartel e o programa de actividades para a XXVI Festa da Faba, que se celebrará desde o día 30 deste mes ata o 2 de outubro. Nesta edición haberá novidades, como as feiras de produtos ecolóxicos certificados e de automoción e vehículos agrícolas. No acto participaron a alcaldesa, Rocío López; o primeiro tenente de alcalde, Manuel Arango; o concelleiro de Festexos, Francisco Dasilva; e representantes dalgúns dos colectivos que colaboran no evento: Elena Cabaleiro, da asociación cultural Osorio Gutiérrez; a directora da feira de produtos ecolóxicos certificados do CRAEGA, More Santiago; o presidente da asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Lourenzá, Javier Huertas; e o promotor das concentracións de motos Vespa e de coches clásicos,...
leer más
Etiquetas:
19/09/2016
O Torreón de Vilanova acollerá, entre outras actividades, clases de ESO para adultos, que darán comezo o 17 de outubro.
 
O Torreón de Vilanova de Lourenzá acollerá clases de ESO para adultos e tamén para preparar o exame de Competencias Clave N_2 da convocatoria do vindeiro ano 2017.
 
En canto ás clases de ESO destinadas a adultos no curso 2016-2017 para obter o título oficial da Xunta de Galicia, o horario será de tarde-noite para os que traballan e comezarán o 17 de outubro, luns.
 
E para a preparación do exame de Competencias Clave N_2 na convocatoria de 2017 as clases empezarán o 18 de outubro, martes.
 
Nos dous casos as inscricións poden facerse polas mañás na Casa do Concello de...
leer más
Etiquetas:
01/09/2016
A asociación de pescadores Río Masma organiza un curso de iniciación de pesca á mosca. Será o 3 e o 4 de setembro en A Cazolga.
 
O centro cívico de A Cazolga acollerá este sábado, 3 de setembro, e o domingo 4, un curso de iniciación de pesca á mosca.
 
Impartiranse temas como o atado de mosca e técnicas de lanzado e está organizado pola Asociación Pescadores Río Masma.
 
Os interesados poden recibir máis información e realizar a súas inscricións nos números de teléfono 608 185 187, 619 271 490 ou 673 290 300.
 
Colaboran na organización desta actividade os concellos de Mondoñedo, Barreiros, Lourenzá e Foz.
 
Etiquetas:
30/08/2016
Terras de Lourenzá organiza unha ruta de dous días aos Ancares. Será o 17 e o 18 de setembro.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para os días 17 e 18 de setembro unha ruta a Os Ancares.
 
O percorrido o sábado 17 é a subida ao Pico dos Tres Bispos cunha distancia de 14 quilómetros e dificultade alta.
 
O prazo de inscrición remata o 13 de setembro e pode facerse nos números de teléfono 647 06 70 54(Javier) e 686 77 11 13(Emilio). Os presos son de 70 euros para os socios federados, 75 euros para os socios non federados, 85 euros para os non socios federados e 90 euros para os non socios non federados. As prazas son limitadas e faranse por orden de inscrición.
 
... leer más
27/08/2016
Hasta el 29 de agosto se celebran en Lourenzá las fiestas del Conde Santo, con verbenas, deportes o cantos de taberna, entre otras actividades.
 
Hasta el 29 de agosto se celebran las fiestas del Conde Santo en Lourenzá. La verbena del 27 estará amenizada por Fénix y Nueva Fuerza, la del 28 por Matiné y Costa Oeste, y la del 29 (festivo local) por Caramelo.
 
Habrá durante estos días torneo de fútbol, cantos de taberna, mostra folclórica, juegos populares y exhibición de zumba, entre otras actividades. 
Etiquetas:
27/07/2016
Lourenzá acollerá un taller residencial de escritura expresiva do 4 ao 7 de agosto.
 
A Escola de Escritura Creativa, Expresiva e Literaria organiza un curso de Escritura Expresiva en Vilanova de Lourenzá os días 4, 5, 6 e 7 de agosto.
 
Este taller de escritura vai estar inspirado en Maragatacasa, unha casa burguesa construída en 1904. Os asistentes practicarán diversas formas nas que escritura, meditación e paisaxe poden entrelazarse. Presentaranse un abano de exercicios de escritura expresiva e os coñecementos básicos para poder continuar con esta práctica de xeito individual. Será impartido por Marisé Barreiro, filóloga que dende o ano 2009 imparte cursos regularmente en Galicia, Madrid e outras comunidades.  
 
O horario do taller...
leer más
Etiquetas:
18/07/2016
Vilanova de Lourenzá acolle dúas actuacións musicais a vindeira ponte festiva de xullo. Enmárcanse dentro das actividades da Concellería de Cultura para este verán.
 
A Concellería de Cultura de Lourenzá organiza para a vindeira ponte festiva dúas actuacións musicais coa Banda Migallas e Zenith Cello Dúo. Estes concertos terán lugar o sábado 23 de xullo e o luns 25.
 
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “seguindo coa programación cultural que temos para o verán desde a Consellería de Cultura de Lourenzá temos unhas actividades previstas para os próximos días”.
 
Manuel Arango detalla que “o sábado 23 de xullo ás 21:00 horas na Praza do Conde Santo temos á Banda Migallas co espectáculo Zaragallada. É unha actuación musical pensada para o público de todas as idades para que pasen unha tarde noite...
leer más
Etiquetas:
06/07/2016
Vilanova de Lourenzá será escenario os días 8 e 9 de xullo de actividades de circo e teatro.
 
Este venres e sábado haberá espectáculos de circo e teatro en Vilanova de Lourenzá. O venres actuará Circo Chosco e o sábado terá lugar a representación de Memorias das Memorias dun Neno Labrego a cargo de Cándido Pazó.
 
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “este venres, día 8, ás oito e media da tarde na Praza do Conde Santo, temos a actuación de Circo Chosco co espectáculo Forzu2. É unha mestura de teatro, de circo, maxia e moito humor, dentro do programa Vive o Camiño, da Xunta de Galicia”.
 
Manuel Arango engade que “o sábado, día 9, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Concello, terá lugar a representación de Memorias das...
leer más