Lourenzá

Etiquetas:
15/04/2016
O Concello laurentino programa actividades para celebrar o día do libro na Biblioteca Municipal e no centro de día para maiores o 22 de abril.
 
O Concello de Lourenzá programa diversas actividades para celebrar o Día do Libro na biblioteca municipal e no centro de día para maiores na xornada do 22 deste mes, venres.
 
Ás 12 do mediodía na biblioteca municipal haberá o espectáculo infantil Bibliocanta, a cargo de Chío Couto Rendo. Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.
E ás catro e media da tarde no centro de día terán lugar lecturas musicadas da obra do escritor Manuel María.
 
Ademais ese día na biblioteca municipal os asistentes serán agasallados cuns marcadores.
 
Etiquetas:
15/04/2016
Acial e o Concello de Lourenzá organizan un concurso infantil de postais para celebrar o día da nai. O prazo de presentación remata o 25 de abril.
 
A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) e o Concello organizan un concurso infantil de postais para celebrar o Día da Nai co lema Unha postal para mamá. O prazo de presentación dos traballos na Biblioteca Municipal remata o día 25 deste mes.
 
Nas bases do certame explícase que “poderán participar tódolos nenos e nenas ata os 14 anos de idade; establécense dúas categorías: ata os 8  anos e de 9 a 14; a temática das postais fará alusión ao Día da Nai, pois  consistirá nunha postal de felicitación por esa celebración; os traballos presentaranse como se fose unha postal (nun folio ou cartolina tamaño A4 dobrado pola metade), na parte de diante levará un debuxo, collage, …. e na parte interior poderá...
leer más
Etiquetas:
15/04/2016
Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo Morrazo. Será o 23 de abril.
 
A asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta para este mes de abril por Cangas do Morrazo.
 
Esta andaina será pola Ruta do Monte Facho cun percorrido de 12´5 quilómetros e dificultade media. Terá lugar o sábado, día 23 de abril, e a saída de Lourenzá está prevista para as 7:30 horas. O prezo é de 25 euros para os socios e 30 euros para os non socios e inclúe o transporte en autobús e a comida nun restaurante da zona.
 
O prazo para anotarse remata o día 21 de abril e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 636 49 64 48 (Fe) ou 669 68 59 02 (Sandra).
04/04/2016
Pasada das Cabras e Terras de Lourenzá realizarán a cuarta etapa do Camiño Norte entre Lousada e Martiñán este sábado, 9 de abril.
 
Este sábado, día 9 de abril, as asociacións Pasada das Cabras de Burela e Terras de Lourenzá organizan a cuarta etapa do Camiño Norte de Santiago dende Lousada a Martiñán. A etapa ten un percorrido de dezaseis quilómetros.
 
A saída será de Burela ás oito da mañá da Estación de Autobuses. O prezo é de 20 euros para os socios e 25 euros para os que non o son e inclúe autobús, comida e seguro. As persoas que queiran participar deben anotarse en Gráficas Arfe de Burela ou no teléfono 982-580 504 antes do xoves día 7 ás 20:00 horas.
 
01/04/2016
O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá o 5 de abril unha conferencia sobre o adorno prehistórico e as xoias áureas na antiga Gallaecia. Tamén se inaugurará unha exposición de ourivería do Museo Provincial de Lugo.
 
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá o vindeiro martes, 5 de abril, unha conferencia sobre o adorno prehistórico e as xoias áureas na antiga Gallaecia a cargo da directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro García. Será ás seis da tarde e a continuación da charla inaugurarase unha exposición da colección de ourivería antiga do Museo Provincial, que estará aberta na sala de exposicións municipal ata o 2 de maio e poderá visitarse de luns a venres en horario de cinco a oito da tarde.
 
A alcaldesa, Rocío López, explicou que esta mostra “está organizada polo Museo Provincial e propón unha visión completa, a través dunha serie de paneis fotográficos e explicativos, da colección de obxectos de ourivería...
leer más
30/03/2016
Do 1 ao 24 de abril terá lugar en Lourenzá o Mes do Teatro. Haberá catro espectáculos, un deles para o público infantil.
 
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá en abril o Mes do Teatro con catro espectáculos. O primeiro será este domingo 3 e o último está programado para o día 24. Todas as representacións empezarán ás oito da tarde. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Rocío López.
 
Este domingo, día 3, a compañía teatral do Colectivo Ollomao, de Barreiros, representará a obra titulada Oé, oé, oé. O sábado 9 o grupo infantil Os Faladores, de Lourenzá, ofrecerá A apidemia. O seguinte sábado, día 16, a compañía O Centiño, da parroquia focense de San Martiño, representará O caldeiro máxico. E o ciclo rematará o domingo 24 cun espectáculo de monólogos.
 
Esta...
leer más
Etiquetas:
15/03/2016
Terras de Lourenzá realizará o 20 de marzo a ruta Aba Sacra e os asistentes disfrutarán da Feira do Viño de Sober.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha viaxe para este domingo, día 20, a Sober coincidindo coa celebración da Feira do Viño.
 
Os participantes realizarán a Ruta Aba Sacra cun percorrido de 6,3 quilómetros e dificultade baixa dende Doade ata Amandi. O percorrido discorre na súa totalidade entre os característicos bancais de viñedo da zona e paralelos ao canón do río Sil. Ao rematar desprazaranse ata Sober onde gozarán da xornada festiva que supón a celebración da tradicional Feira do Viño.
 
Esta andaina será este domingo, día 20, e a saída de Lourenzá está prevista para as 8:00 horas. O prezo de 10 euros para socios e 15 euros para...
leer más
Etiquetas:
14/03/2016
Aberto o prazo para anotarse nos diferentes cursos que organiza a Asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos, de Lourenzá.
 
A Asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos de Lourenzá abre o prazo para anotarse nos diferentes cursos que organizará nas vindeiras semanas.
 
O primeiro deles comezará despois da Semana Santa e será de bordado. Terá lugar os mércores de 16 a 19 horas, durará trinta horas e o seu custe será de 30 euros. Estará impartido por Marina Abad. 
 
No mes de abril haberá dous cursos, un de bolillos e outro de restauración de mobles. O de bolillos que impartirá Mari Luz Balea, durará trinta horas e custará 20 euros. O de restauración de mobles, que impartirá Esther de La Herencia, durará tamén trinta horas e o seu custe será de 50 euros. 
... leer más
07/03/2016
O grupo Pico do Castro, de Foz, representará o 13 de marzo no salón de actos do Concello de Lourenzá a obra "De vello gaiteiro".
 
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá este vindeiro domingo, día 13, ás oito da tarde unha representación teatral organizada pola Concellería de Cultura. O grupo Pico do Castro, de Foz, representará a obra titulada "De vello gaiteiro".
 
02/03/2016
A sala de exposicións municipal de Lourenzá acolle ata o 18 de marzo unha mostra sobre o Camiño Norte de Santiago.
 
A sala de exposicións do Concello de Lourenzá acolle dende hoxe, mércores, ata o 18 deste mes, unha mostra de imaxes do Camiño Norte de Santiago.
 
A exposición consta de 18 paneis nos que amosan as principais manifestacións artísticas, históricas e naturais desta ruta xacobea na que Lourenzá ocupa un lugar importante. A información que recollen os paneis ofrece ao visitante unha visión de todo o patrimonio artístico e histórico existente nos distintos lugares polos que discorre o Camiño.
 
A alcaldesa, Rocío López, di que “dende o Concello invitamos a todos os veciños e veciñas así como aos visitantes a ver esta exposición que é, sen dúbida, unha...
leer más