A pista municipal de pádel de Lourenzá xa pode reservarse a través de internet. Anunciouno hoxe a Concellería de Deportes.
Segundo explica este departamento do Concello de Lourenzá, “a partir de agora solicitar pista de pádel en Lourenzá non pode ser máis doado. Entrando en http://lourenza.pistas-online.com/ e despois dun intre para darse de alta como usuario, pódese reservar on line directamente dende calquera dispositivo. Na web lévase unha contabilidade persoal de cada usuario e poden reservar de media hora en media hora. A taxa municipal por 1 hora e media son 4 euros, que se aboan directamente por TPV.
Unha vez reservada pódese imprimir un xustificante ou presentar a mensaxe de reserva do correo electrónico no Torreón, onde entregan a chave de acceso á instalación”.