Lectura
O xoves, 7 de outubro, o Club de Lectura da Biblioteca Pública de Alfoz reanuda as súas xuntanzas en torno a un libro que se elixe entre todos os integrantes e que se vai alternado entre obras en castelán e galego.
As persoas interesadas en inscribirse poden informarse no teléfono do Concello de Alfoz 982 558 001 (extensión 2) posto que antes do comezo de cada novo libro se poderán incorporar novos membros.
As reunións son os xoves, cada quince días, ás 19:00 horas e teñen unha duración aproximada de 1 hora. Fálase do libro e con esa escusa de moitos outros temas aos que nos leva a súa lectura, as personaxes, a historia ou o lugar onde se desenvolve.
Comeza cada lectura investigando sobre o autor ou autora e a obra, a cal se lee en varias partes que se tratan en cada reunión. Ao remate...
leer másO Concello de Viveiro pon en marcha a iniciativa “Voces para Rosalía” con motivo do día da escritora, Rosalía de Castro, que se celebra o vindeiro 24 de febreiro. A proposta, impulsada dende a Concellería de Cultura, pretende sacar á rúa os poemas da escritora e dar a coñecer a súa ampla traxectoria literaria.
A acción anima á veciñanza de todas as idades a poñerlle voz a un poema de Rosalía de Castro. As persoas que desexen participar, poden inscribirse no teléfono 676 877799 ou na páxina de facebook da Programación Cultural de Viveiro antes do 20 de febreiro.
Deste modo, unha vez recibidas as propostas das persoas interesadas, o Concello de Viveiro enviará un poema a cada participante, quen deberá gravarse lendo o texto. O Concello compilará e editará todo o material recibido e publicará os vídeos para...
leer más