Do 20 ao 25 de agosto en Foz afonden os prezos. O Centro Comercial Aberto organiza esta nova campaña denominada En Foz afundimos os prezos. Os establecementos participantes sacarán os seus produtos á rúa con descontos moi especiais.
O presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, explica que “os locais van expoñer na rúa ducias de produtos a prezos super rebaixados, con descontos que oscilarán entre o 50 e o 80%. Queremos que na semana dos preparativos para a Festa Normanda focenses e visitantes teñan motivos dabondo para pasear polas nosas rúas, nas que atoparán todo tipo de artigos a prezos moi interesantes e especiais”.
Paleo engade que “é un xeito de facerse con produtos de tempada moi rebaixados. Foz converterase do 20 ao 25 de agosto nun gran Centro Comercial ao aire libre. Será un bo momento para ver os artigos expostos e para dar unha volta polas rúas comerciais da nosa vila, nas que ademais poderán disfrutar da nosa hostalería”.
O presidente de ACIA/CCA anima “a aproveitar as posibilidades que nos brinda esta nova campaña, á que chamamos En Foz afundimos os prezos”.