Foz

Etiquetas:
15/07/2022
Este verán volven As Noites. A rapazada poderá gozar de fútbol praia, wipeout, volei praia, baloncesto, fútbol sala e kickboxing.
 
As Noites é un programa que ofrece unha alternativa ás saídas nocturnas de botellón, fomentando actividades de desenvolvemento social, así como o deporte e os hábitos de vida saudables.
 
O martes 19 de xullo, a partir das 22 horas, comeza con fútbol praia, na Rapadoira para rapaces e rapazas de 10 anos en adiante. 
 
As persoas interesadas en participar tan só deben inscribirse o primeiro día antes de cada actividade. Aquelas que sexan menores de 18 anos necesitarán autorización asinada. 
 
As...
leer más
Etiquetas:
13/07/2022

O Concello de Foz vive con intensidade as Festas do Carme. Despois da celebración en Santa Cilla a pasada fin de semana, este xoves comezan as festas do Carme na vila co pregón de Narciso Rodríguez Méndez Siso sobre as 20.30 horas, ao rematar a misa. Ruleiro de Foz por excelencia e rexente durante moitos anos do Bar Siso, onde agora se asenta o Muelle Bar, Siso é unha persoa coñecida por todos en Foz. En palabras do alcalde, Fran Cajoto,: "é tradición en Foz que o pregón das festas do Carme o fagan xentes relacionadas coa tradición mariñeira da nosa vila. Xa lle tocaba a Siso, que vai ter mil anécdotas que contarnos seguro. É unha auténtica honra que aceptara a invitación do Concello e da comisión organizadora das festas".

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que neste 2022 volvemos cunha programación completa, na que haberá...

leer más
Etiquetas:
12/07/2022

O Presidente do C.D. Foz, José María García Rivera, e a concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, presentaron o XXXIII Trofeo Vila de Foz, que disputarán a S.D. Ponferradina e o C.D. Lugo.

O vindeiro sábado, 16 de xullo, Día do Carme, haberá tamén unha gran festa no estadio Martínez Otero, co encontro entre a S.D. Ponferradina e o C.D. Lugo.

A partir das 19:00h estes dous excelentes equipos xogaranse o XXXIII Trofeo Vila de Foz.

O presidente do C.D. Foz agradeceu a disposición dos clubs para participar deste día grande en Foz e continuar a historia deste trofeo que xa vai pola trixésima terceira edición. Así tamén, explicou que as persoas que desexen adquirir as entradas anticipadamente poderán facelo no Martínez Otero, o venres 15, de 18h a 20h, o sábado 16, de 11h a 13h e...

leer más
Etiquetas:
11/07/2022

A sala de exposicións da Casa da Cultura Manuel María, de Foz acolle ata o vindeiro 18 de xullo a mostra titulada Florencio Delgado Gurriarán:Compromiso na distancia, en homenaxe ao autor das Letras Galegas 2022.

Organizada pola Concellería de Normalización Lingüística, quere honrar a memoria dos exiliados e exiliadas republicanos que, en conexión con outros transterrados da diáspora, contribuíron a manter aceso o facho da cultura galega e da nosa identidade.

O poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán pertence á denominada Xeración do 25, da que tamén forman parte autores como Manuel Antonio ou Blanco Amor, que foron unha sorte de fillos da Xeración Nós que, continuando co labor modernizador e europeizante dos seus predecesores, converténdose  nos grandes renovadores da poesía e do teatro galego.

... leer más
Etiquetas:
07/07/2022

Mañá, venres, ás 19:00 horas será inaugurada no CENIMA de Foz unha exposición de fotos sobre as alfombras das festas do Carme focegas, mostra que fai un percorrido polos seus 40 anos de historia.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o Concello de Foz e a comisión de festas seguen avanzando na programación polo Carme. Da man de Antón Niñe e a súa extensa traxectoria como entusiasta da historia local, levará aos asistentes a un percorrido pola evolución do alfombrismo na localidade focega. As fotos mostradas na exposición forman parte da súa colección persoal”. 

 

Etiquetas:
06/07/2022

A asociación Os Sendeiros de Foz participa na terceira ruta da Liga de Sendeirismo de Galicia que discorrerá pola zona da Cañiza os días 9 e 10 de xullo.

A saída será o sábado, 9 de xullo, ás 16:00 horas, de Foz e, ás 16:15 h., de Ferreira.
Os prezos son: 130 euros para os socios federados, 135€ para os socios non federados e 140 euros para o socio temporal. Inclúe hotel con pensión completa en habitación dobre.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.

Etiquetas:
04/07/2022

O vindeiro 9 de xullo terá lugar ás 11.30 na Casa da Cultura de Foz a conferencia “A minaría aurífera romana”, organizada polo Concello de Foz e maila asociación Mariña Patrimonio. Esta conferencia, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, correrá a cargo do arqueólogo especialista en minería romana, Iván Álvarez Merayo, que tamén fará de guía na visita programada á mina de ouro romana da Espiñeira. A visita á antiga explotación mineira arrancará ás 17.00 dende o Campo da Feira de A Espiñeira.

A Mariña luguesa é unha zona rica en explotacións mineiras antigas, lamentablemente pouco coñecidas e escasamente estudadas. Unha mostra da existencia destas explotacións auríferas na Mariña son as dúas minas romanas localizadas pola asociación Mariña Patrimonio no ano 2013 na desembocadura do Masma. Concretamente, unha...

leer más
Etiquetas:
02/07/2022

A comisión de festas O Noso Foz renóvase e presenta a programación dos festexos do Carme.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “O Noso Foz renóvase. A comisión de festas de Foz estrea o verán coa incorporación de novos membros. Xente nova e ideas frescas para unha comisión que empeza este mes de xullo con forza coas Festas do Carme”.

Ángel Fernández Neira, que continúa presidindo a asociación encargada de elaborar as programacións de festexos en estreita colaboración coa Concellería de Cultura municipal, manifesta: “estamos moi contentos de contar con máis xente implicada para colaborar coas festas de Foz, nunha vila coma esta na que é moi importante a unión e que ten un verán moi potente en canto a festexos”. Entre as caras novas están Erea Ben e Fátima Novo, últimas incorporacións á comisión e...

leer más
Etiquetas:
01/07/2022

Hoxe presentouse a LX Travesía Ría de Foz, que se celebrará mañá sábado, 2 de xullo, a partir das 17:30h.

Na presentación participaron Xoel García Neira, 8º clasificado en K1 200m e Iago García Martínez, campión en K4 500m nos europeos celebrados a pasada semana en Belgrado. 

O tenente alcalde, Fco. Javier Fanego, e o concelleiro Iago Villamil, agasallaron a estes grandes deportistas focegos cun pequeno obsequio e animáronos a continuar coa súa fenomenal traxectoria, admirada por todas/os. Tamén lle agradeceron a Ignacio Romillo, presidente do Club Kayak de Foz, o gran traballo que realizan durante todo o ano coa mocidade e a coidada organización da lonxeva Travesía Ría de Foz.

Mañá sábado Foz poderá gozar do piragüismo a partir das 17:30 horas nunha ría que se encherá con case 300...

leer más
Etiquetas:
30/06/2022

A asociación Os Sendeiros de Foz comeza os Andareiros de Verán o 9 de xullo cunha ruta ao Pico da Lebre, en Foz.

A saída será ás 9:00 horas diante do Concello.

As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 670 369 017 e  606 718 482 ou en ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 4€ para os non federados e a actividade é de balde para os federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.