Hoxe presentouse a LX Travesía Ría de Foz, que se celebrará mañá sábado, 2 de xullo, a partir das 17:30h.
Na presentación participaron Xoel García Neira, 8º clasificado en K1 200m e Iago García Martínez, campión en K4 500m nos europeos celebrados a pasada semana en Belgrado.
O tenente alcalde, Fco. Javier Fanego, e o concelleiro Iago Villamil, agasallaron a estes grandes deportistas focegos cun pequeno obsequio e animáronos a continuar coa súa fenomenal traxectoria, admirada por todas/os. Tamén lle agradeceron a Ignacio Romillo, presidente do Club Kayak de Foz, o gran traballo que realizan durante todo o ano coa mocidade e a coidada organización da lonxeva Travesía Ría de Foz.
Mañá sábado Foz poderá gozar do piragüismo a partir das 17:30 horas nunha ría que se encherá con case 300 padexeiros/as.