Foz
Foz prepárase para celebrar a romería do Bispo Santo, que contará un ano máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A deputada de Cultura Iria Castro e o deputado de Rural Mar e Mocidade Daniel García reuníronse con integrantes da Asociación Cívico Cultural Bispo Santo de Foz, que impulsan a organización desta romería popular con 385 anos de historia.
Durante o encontro, incidiuse na vontade da asociación organizadora de manter o carácter popular e familiar desta romería, incluíndo na programación actuacións para público infantil e que procuran a interacción co público para soster o ambiente festivo durante o día a carón da ermida de San Gonzalo.
Nesa liña, encádrase a colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo nos tres últimos anos que, nesta edicion, se concreta no...
leer másEste sábado, 18 de maio, celebrarase en Foz a sétima edición da Carreira Popular Urbana Campo da Cabana, que este ano conta coa novidade de dúas distancias para a carreira absoluta, 5 e 10 quilómetros.
Os organizadores explican que “o percorrido merece a pena pola súa vistosidade posto que vai polo litoral e as praias focenses, cun trazado suave e divertido. Ademais o evento contará con carreiras para as categorías de formación no entorno da praza Rosalía de Castro, coñecida como Campo da Cabana e que dá nome á proba, organizada polo Club Atletismo Ría de Foz, en colaboración con RunFozRun e o Concello de Foz”.
Todos os corredores da carreira absoluta e os participantes na andaina recibirán como obsequio unha camiseta conmemorativa ademais de avituallamento líquido e sólido para todos los participantes.
... leer másO Concello de Foz celebra o Día das Letras Galegas cunha programación cultural chea de actividades. “Queremos que calquera día sexa o día das nosas letras, pero o día 17 de maio é especial para calquera namorado da nosa fermosa lingua”, destaca o alcalde, Fran Cajoto.
O pasado venres, día 10, o obradoiro para crear letras tivo unha gran aceptación xa que se cubriron todas as prazas. “Os nenos desfrutaron dunha actividade que non só lles ensinou de caligrafía senón tamén a mestura das cores ou o uso de pinceis para escribir”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
Este martes 14 a xornada está dedicada aos colexios, na que se realizarán sesións de teatro para os mesmos, na Casa da Cultura, en varias quendas. A obra, da compañía Trémola Teatro, abunda na vida da homenaxeada neste día das nosas letras,...
leer másA Oficina Móbil do programa Acelera Peme, da Deputación de Lugo, cofinanciado con fondos europeos, estará situada fronte á Casa do Concello de Foz, na Avenida Álvaro Cunqueiro 24, este xoves, 16 de maio, a partir das 12.30 horas.
O alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, invitan a todos os pequenos empresarios e autónomos a que se acheguen a esta oficina: “a dixitalización é imprescindible na época na que vivimos. O programa Acelera Peme ofrece de forma gratuíta un servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, apoio á implantación de solucións dixitais no negocio, consultoría en marketing dixital en redes sociais e outras accións, como apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital. É unha boa oportunidade, polo que convidamos a todas e todos a que se acheguen o día 16 ata a oficina móbil que...
leer másA Asociación Cívico Cultural Obispo Santo organiza a tradicional romaría focega do mesmo nome, que ten 385 anos de historia e celebrarase os días 12, 17, 18 e 19 de maio.
As actividades empezarán este domingo, día 12 de maio, ás 17:00 horas, cando se fará o traslado da imaxe de San Gonzalo dende a basílica de San Martiño ata a ermida do alto da Grela, acompañado polo grupo de gaitas A Subela. Posteriormente haberá unha charla a cargo do cronista oficial de Foz, Xoán Ramón Fernández Pacios.
O venres 17 de maio haberá sesión vermú a cargo de Tania Veiras, que tamén actuará na verbena co grupo La Última Legión.
O sábado 18 ás 13:30 horas celebrarase a misa, seguida de sesión vermú coa orquestra Principal. A continuación animará a romaría a banda de gaitas Dambara, de Burela; para as 18:30...
leer másHoxe, xoves, foron sorteados os premios da campaña do Día da Nai de AciaFozCCA.
As persoas premiadas con 200 euros en vales de compra cada unha foron:
Alonso Fernández, por una compra realizada en Librería Bahía.
Rafael Pedrosa, en Briz.
Nuria Carreño, en Pastelería Anduriña.
Yanira Díaz, en Clínica Maas Saúde.
María Esther Merino, en Salai Campo.
O sorteo, que tivo lugar en Radio Foz, esta mañá foi conducido por David Val e contou coa presenza da concelleira de Comerio, Kathy Navarro; e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.
Na campaña do Día da Nai participaron 72 comercios. AciaFozCCA contou coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia.
O Concello de Foz presenta a súa programación cultural para os meses de primavera, que inclúe actividades musicais e teatrais.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia: “despois dun abril cargado de libros e letras, maio comeza con música cos combos da Escola de Música Arcadio Mon, que serán todos os venres deste mes ás 18.00 horas ao lado da escola, no paseo da Ribeira (en caso de mal tempo serán no CENIMA). Polo medio temos actividades coma a deste próximo venres, na biblioteca municipal, “lettering: debuxar letras”, para a que é necesario anotarse no teléfono 982.140.675, “unha actividade moi bonita para todos aqueles nen@s aos que lles guste facer caligrafías bonitas”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, quen engade: “a continuación será a poetisa local Natalia Alonso a que nos dea Advertencias para un...
leer másA terceira edición do mercado “Aos pés de Cornería” celebrarase na parroquia focega de Vilaronte este domingo, 12 de maio, desde as 10 da mañá. Estaba previsto para o pasado día 5, pero aprazouse debido ás adversas condicións meteorolóxicas.
“Baixo o nome poético de Aos pés de Corneria, coa imaxe de durmir debaixo deste monte mítico da zona de etimoloxía anglosaxona e portador de diversas lendas, celebrase por terceira vez o mercado de proximidade en Vilaronte (concello de Foz) organizado pola Asociación Cultural O Atrio de Vilaronte. O mercado ten como propósito visibilizar aos produtores, artesáns, iniciativas culturais da comarca, aos autónomos da zona, a arte da vecindade, e dinamizar a parroquia de Vilaronte cargada de historia que comeza a sufrir os efectos da despoboación e concienciar no consumo próximo. É pois o centro de...
leer másA Escola Municipal de Música de Foz Arcadio Mon organiza o ciclo titulado Maio de Combos, que inclúe concertos todos os venres deste mes. Estas actuacións serán no Paseo da Ribeira.
Este venres, día 3, ás 18:00 horas actuará Dkeband; o día 7 ás 18:00 horas o concerto correrá a cargo de Combo Jazz; o venres 17, que é o Día das Letras Galegas, ás 12:00 horas será a quenda de Combo Pop Rock; e rematará o ciclo o venres 24 ás 18:00 horas coa actuación de Combo Blues e Combo Xuvenil.
AciaFozCCA colaborará por sétimo ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro a través da campaña Euro Solidario, que se desenvolverá do 3 ao 17 de maio. Na presentación desta iniciativa participaron Pilar García, representante da AECC en Foz; o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo; e o alcalde, Fran Cajoto.
Nos establecementos participantes haberá huchas destinadas a recoller os donativos para esta campaña, denominada Súmate a loita contra o cancro. Euro solidario.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, manifestou: “un ano máis queremos colaborar coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro porque toda axuda é importante. Animo á clientela dos negocios focenses a sumarse a esta campaña, que tivo unha boa acollida nas edicións anteriores e agardamos que...
leer más