Foz

Etiquetas:
06/03/2024

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 24 de marzo, domingo, a ruta Seimeira de Vilagocende, no concello da Fonsagrada. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar de cocido, son: 55 euros para socios federados, 60 euros para socios non federados e 65 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 19 de marzo e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de 8,5 quilómetros con dificultade media-alta, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

 

Etiquetas:
05/03/2024

A programación organizada polo Concello de Foz para conmemorar o Día Internacional da Muller inclúe unha concentración, dúas representacións teatrais, unha sesión de contacontos, un obradoiro e unha exposición.

A concelleira de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, anuncia que “como cada ano, con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Foz súmase a esta xornada de reivindicación e loita, pois é un día no que se celebran os dereitos conquistados polas mulleres en todos os ámbitos e conmemora a longa historia de loitas e sacrificios que tiveron que levar a cabo para acadalos. A nosa programación de actividades prevista para este 8M está chea de reivindicación, cultura e moita forza”. 

A programación dará comezo o venres ás 19:00 horas coa concentración diante do Concello...

leer más
Etiquetas:
05/03/2024

A Asociación Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado, 9 de marzo, unha charla sobre os xacementos arqueolóxicos costeiros de Ribadeo, Barreiros e Foz. A charla, que conta coa colaboración do Concello de Foz e da Vicepresidencia - Área de Cultura da Deputación de Lugo, correrá a cargo de Manuel Miranda, presidente da asociación Mariña Patrimonio, e terá lugar ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Foz.

No transcurso da súa exposición, o relator fará un percorrido polos xacementos arqueolóxicos costeiros dos citados concellos describindo as súas características, así como o estado no que se atopan na actualidade. E dará a coñecer novos xacementos costeiros descubertos nos últimos anos nestes concellos.

A asociación Mariña Patrimonio, na liña da súas actuacións, sostén que a divulgación do patrimonio...

leer más
Etiquetas:
05/03/2024

AciaFozCCA sorteará 1.000 euros en vales de compra na súa campaña do día do pai, que terá lugar do 8 ao 19 de marzo. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, contou que “todas as persoas que fagan as súas compras no comercio asociado entre os días 8 e 19 de marzo entrarán no sorteo de 5 premios de 200 euros en vales de compra cada un. O sorteo farémolo en Radio Foz o 21 de marzo e do resultado informaremos, coma sempre, a través das nosas redes sociais e dos medios de comunicación”.

Paleo anima “a seguir apostando polos negocios locais, por ese comercio co que todos facemos pobo. Aquí podemos atopar todo o que precisamos para conmemorar esta data”.

E engadiu que “os Pepes, as Pepitas, os Josés, as Josefas e os papás contan en Foz cunha hostalería excelente para as súas celebracións...

leer más
Etiquetas:
29/02/2024

El edificio del CENIMA, en Foz, acogerá una exposición de fotografías sobre surf de José Ángel Niño desde el día 2 hasta el 31 de marzo.

La muestra será inaugurada este sábado, día 2, a las 12:00 horas y podrá visitarse de lunes a jueves de 09:30 horas a 14:00 horas; los viernes de 09:30 a 14:00 y de 17:30 a 20:00 horas; los sábados de 11:00 a 13:30 y de 17:30 a 20:00 horas; y los domingos de 11:00 a 13:30 horas.

 

Etiquetas:
28/02/2024

A cantautora galega coñecida artisticamente como Bea a de Estrella presentará o seu libro disco titulado Mareira o 6 de marzo, mércores, en Foz. Será na Librería Bahía ás 20:30 horas.

“A música será protagonista na libraría o vindeiro mércores, día 6 de marzo, da man de Bea a de Estrella e o seu libro disco Mareira”, anuncia Librería Bahía.

O acto será presentado por Teresa Nécega.

Etiquetas:
28/02/2024

A Escola Municipal de Música Arcadio Mon, de Foz, ofrece audicións desde este mércores, 28 de febreiro, ata o luns 4 de marzo. Todas elas terán lugar no salón de actos do Cenima ás 20:00 horas

O mércores será de piano, o xoves 29 de febreiro estará dedicada a vento metal e percusión, o venres 1 será de vento madeira e violín e o luns 4 rematarán con guitarra.

 

Etiquetas:
26/02/2024

A concelleira da Aula Universitaria da UNED Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, dan conta da programación formativa para o mes de marzo. Presentan unha nova actividade para a que xa está aberta a inscrición: trátase dun curso de extensión universitaria de informática básica e actualizada, dirixido a persoas adultas, denominado Cara a alfabetización dixital: curso integral de informática. O docente do IES de Foz Javier Ferro Dopico será o encargado de trasladar ao alumnado contidos como a xestión da información, o uso de internet, do correo electrónico, das redes sociais ou expoñer as principais recomendacións de seguridade, entre outros. As clases terán lugar do 5 ao 14 de marzo os martes, mércores e xoves, de 17 a 19 horas.

Esta actividade, como a meirande parte das que se ofrecen dende UNED, pode...

leer más
Etiquetas:
22/02/2024

A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Foz organiza un ano máis a xuntanza dos maiores. Nesta ocasión será o 2 de marzo, sábado, na carpa instalada na rúa Atalaia.
A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, explica que é “unha homenaxe de recoñecemento a toda unha vida de traballo, en tempos difíciles de moitas carencias, nunhas circunstancias e nun contexto social que condicionaron moito a vida e o entorno máis próximo dos nosos maiores. É de destacar o papel que xogaron homes e mulleres focegas, de todas as parroquias en todos os ámbitos do pobo para contribuír a facer un Foz mellor. É reseñable o traballo das mulleres nas tarefas do fogar, ademais de coidadoras de pais, nais, avós, fillos e netos, colaborando de maneira activa na economía familiar, traballando nas labores do campo, gandería, na venta de peixe polas casas, e de forma temporal nas...

leer más
Etiquetas:
20/02/2024

O Concello de Foz celebra o Día de Rosalía este venres, 23 de febreiro, cunha representación teatral familiar con monicreques titulada A viaxe de Rosalía.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “o 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, esa data na que veu ao mundo a nosa poetisa emblema, un símbolo desa Galicia que loita cada día. Queremos que os máis pequenos medren coñecendo a súa terra, a súa historia e as mulleres fortes que a forman e a formaron”.

A viaxe de Rosalía é unha obra con monicreques que conta a traxectoria vital de Rosalía. Da boca de Francisca, que a coidou desde nena, vamos percorrendo a súa vida cotiá e a súa obra. É unha obra familiar de 50 minutos para todos os públicos. Será este venres 23 na Casa da Cultura ás 18:30 horas. A entrada é gratuíta. 

... leer más