A Asociación Cívico Cultural Obispo Santo organiza a tradicional romaría focega do mesmo nome, que ten 385 anos de historia e celebrarase os días 12, 17, 18 e 19 de maio.
As actividades empezarán este domingo, día 12 de maio, ás 17:00 horas, cando se fará o traslado da imaxe de San Gonzalo dende a basílica de San Martiño ata a ermida do alto da Grela, acompañado polo grupo de gaitas A Subela. Posteriormente haberá unha charla a cargo do cronista oficial de Foz, Xoán Ramón Fernández Pacios.
O venres 17 de maio haberá sesión vermú a cargo de Tania Veiras, que tamén actuará na verbena co grupo La Última Legión.
O sábado 18 ás 13:30 horas celebrarase a misa, seguida de sesión vermú coa orquestra Principal. A continuación animará a romaría a banda de gaitas Dambara, de Burela; para as 18:30 horas está programada a actuación infantil de Piter Punk Pallaso e despois a de DJ Di’Pacolo e Compañía. A verbena estará amenizada polas orquestras Principal e Ritmo Joven.
E o domingo 19 celebrarse misa ás 13:30 horas, seguida de sesión vermú co grupo D’Cano e Mekanika Rolling Band.
O traslado da imaxe de San Gonzalo desde o monte da Grela ata a basílica de San Martiño será o 9 de xuño.