Foz

07/10/2024

A Espiñeira, no concello de Foz, celebrará as festas na honra da Virxe do Pilar os días 11 e 12 de outubro, venres e sábado.

As actividades comezarán o venres ás 22:30 horas cunha verbena amenizada polo dúo Sensación e a orquestra Cinema.

E o sábado ás 13:00 horas haberá misa solemne e despois procesión e sesión vermú coa orquestra Solara, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Belinda.

A organización anuncia que disporán de carpa.

Etiquetas:
04/10/2024

Na cita participarán nove locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Clario Disko, Dandy Restaurante, Marexada, Mexideli, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa será a protagonista en Foz os días 11 e 12 de outubro. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas variedades desde as clásicas ata as artesás e de autor e tamén tapas especiais para celebrar a Oktober Fest e para acompañar ás cervexas”.

Paleo subliñou que “o obxectivo é dinamizar a  hostalería local a véspera do Pilar e esa mesma xornada festiva, que coincide en sábado”.

A Oktober Fest foi presentada polo presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, a xefa da Área de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo, Paloma Vázquez, o alcalde focego, Fran Cajoto, e a...

leer más
03/10/2024

O Concello de Foz, en colaboración con Sanbet Agencia, estrea nova tempada do Baile dos domingos na Sala Bahía. En horario de 20 a 23 horas e cun prezo de cinco euros, esta semana actuará La Clave. O día 13 de outubro será a quenda do dúo Maracaibo, o día 20 actuará o dúo Venus e o 27 pechará Carlos Manteiga o mes de outubro.

A concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo, anuncia: “comezamos nova tempada, outono-inverno, do baile dos nosos maiores. Unha actividade de divertimento, moi motivadora e gratificante para eles, onde ademais de facer exercicio físico con baile, escoitan música, interactúan e se relacionan. É a mellor das terapias para o seu benestar, físico, mental e emocional, a ben chamada  bailoterapia. Dende o Concello queremos fomentar unha participación  proactiva das persoas maiores, un espazo de encontro onde poidan ampliar...

leer más
02/10/2024

O Concello de Foz, a través da Concellería de Xuventude e Deportes, organiza o Día da Bici para este domingo, día 6 de outubro. A saída será ás 11:30 horas desde o parque infantil de tráfico. Haberá agasallos para todas as persoas participantes.

A inscrición está aberta ata o 4 de outubro e debe facerse a través do correo electrónico bici@concellodefoz.es.

Etiquetas:
01/10/2024

A concelleira da Aula Universitaria da UNED de Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, veñen de presentar a programación formativa para o mes de outubro, inaugurando así o calendario académico da Aula. Deron conta de catro novas actividades, para as que está aberta a inscrición, e que son cursos de psicoloxía, de francés básico e de primeiros auxilios pediátricos e unha xornada de limpeza con voluntarios na praia da Rapadoira.

Para comezar propoñen participar nun curso de psicoloxía, Querida esixencia: de neno bo a adulto perfecto, impartido por Alba Burundarena. Muiña apunta que “é unha psicóloga focense que conta cunha ampla experiencia na docencia de cursos deste ámbito nesta Aula e sempre deseña formacións moi demandadas e exitosas”. Será unha formación unicamente online e levarase...

leer más
01/10/2024

O Concello de Foz anuncia: “neste mes de outubro en Foz poderemos volver gozar do mellor cine galego, coa volta do Ciclo Mestre Mateo, por cuarto ano consecutivo”.

A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, explica que “os mércores e xoves a partir das 20 horas na Casa da Cultura proxectaremos os documentais, longametraxes e curtas seleccionadas como mellores neste ano 2024.  Ademais o domingo 13 ás 18:00 horas teremos unha longametraxe para todos os públicos”.

 

01/10/2024

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o día 20 de outubro, domingo, un percorrido pola Ruta do Mel e da Castaña, en Salcedo (Pobra do Brollón). A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 desde Ferreira do Valadouro.

Os organizadores explican que é unha ruta de 9 quilómetros por un “precioso paraje interior de la Ribeira Sacra y pasaremos al lado de los restos arqueológicos de Penas do Castelo”.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 14 de outubro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

... leer más
Etiquetas:
30/09/2024

Ambos autores obtiveron o premio nacional poesía joven Miguel Hernández. Ambos son autores de poesía e as súas últimas obras son narrativa: A parte fácil, libro de relatos, de Ismael Ramos e La Fuerza, novela, de Xaime Martínez.

Ismael Ramos escribe en galego e Xaime Martínez en asturianu e ambos teñen as súas obras traducidas ao castelán.

Desde Libraría Bahía apuntan que “será moi interesante escoitar e preguntar a estes dos autores, moi novos e con importantes recoñecementos xa no seu haber, que teñen un enorme compromiso coa literatura e coas súas linguas propias. Este encontro forma parte do programa Afinidades Electivas, promovido pola dirección xeral do libro e a lectura do Goberno de España no que a Libraría Bahía ven participando desde o seu inicio, sendo este o quinto que celebraremos”.

O Encontro Literario terá lugar ás 20:30 horas...

leer más
Etiquetas:
27/09/2024

A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) organiza un Foro de Análise o vindeiro 3 de outubro en Foz. O aluguer será o protagonista da cita, que terá lugar no Cenima a partir das 19:00 horas. 

Baixo o título de Traballo na Mariña lucense, onde vivo? o Foro analizará a problemática para atopar pisos de aluguer de tempada na comarca mariñá tras o boom das vivendas de uso turístico. A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “hai moita preocupación nos diferentes colectivos de traballadores, xa sexa para incorporarse a empresas, a tendas, a hoteis, a restaurantes, a centros de ensino ou mesmo ao hospital, porque non atopan pisos para alugar nas vilas nas que van estar traballando e nas que lles gustaría vivir e asentarse. No caso de Ribadeo, por exemplo, sabemos que ou alugan nos concellos veciños ou aquí é practicamente imposible”....

leer más
Etiquetas:
26/09/2024

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “o que pretendemos é contribuír á dinamización económica dos establecementos participantes nesta nova campaña que hoxe poñemos en marcha e premiar á súa fiel clientela”.

Na campaña Rasca Gaña de AciaFozCCA participan 31 locais: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Clínica Veterinaria Foz, Decoraciones Pura, Don Zapato, Dermoterapia Centro de Estética, Electricidad Núñez, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Infotec, Isla, Koquetas Moda, Kukadas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Los Dulces de Delphine, Lourdes Moda Íntima y Baño, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, Ofifoz, Pastelería Anduriña, Pirde Calzado, Pirde Moda, Thecé...

leer más