Foz
30/01/2017
Os Sendeiros de Foz fará o andareiro 118, o sábado 12 de febreiro. Partirá desde Cazolga, ascenderán o Virin e rematarán na capela do Carme de San Martiño. Nesta marcha tamén participará o grupo Mies de Oviedo e ao remate farán un xantar de confraternidade.
A saída será ás 9:15 horas do Concello. Os prezos son 10 euros para socios federados, 14 € para socios non federados, 15 euros para non socios federados e 19 € para non socios non federados. Está incluído o seguro de accidentes e a comida é opcional por 12 euros.
Para participar é obrigatorio anotarse antes do mércores 8 de febreiro nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-Mail: ossendeiros@yahoo.es
24/01/2017
Na Delegación de Cultura do Concello de Foz vendéronse onte en menos de tres horas as 550 entradas dispostas para a cea de coroación da raíña do Entroido, que se celebrará o día 11 de febreiro. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, salienta que o Entroido focense está a vivir un dos seus mellores momentos.
Javier Castiñeira explicou hoxe que “onte abriuse o prazo para recoller as entradas para a cea de coroación da raíña do Entroido e o mesmo día quedou xa pechado posto que en menos de tres horas vendéronse 550 entradas; e polo tanto o aforo está completo. Estamos moi contentos pola demanda e porque o Entroido de Foz está a vivir un dos mellores momentos da súa historia; proba disto é esta cea de coroación da raíña, na que no ano 2011 eran arredor de 150 persoas, das cales a metade estaban...
leer más 23/01/2017
A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o xoves, 26 de xaneiro, ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz a presentación do libro “A Candidata”, obra que mereceu o Premio Manuel García Barros de Literatura e que ven de ser publicado pola Editorial Galaxia. A presentación da obra correrá a cargo do seu autor Miguel Sande, que estará acompañado polo presidente da Pomba do Arco, Xoán Ramón Fernández Pacios.
A novela de Miguel Sande está a recibir un moi boa reposta por parte da crítica e do publico, do que dá conta as súas propias vendas, até o punto de aparecer como un dos libros galegos máis vendidos do último trimestre. Asemade o blog cultural Biosbardia cualificouna como “a novela destacada do ano 2016”, situándoa a “Tabela dos...
leer más 19/01/2017
A partir do vindeiro luns, día 23, poden retirarse as tarxetas para asistir á cea de coroación da raíña do Entroido de Foz, que se celebrará o día 11 de febreiro, sábado, na Sala Bahía ás 22:00 horas. Por outra banda o ciclo de teatro afeccionado nas parroquias chega este sábado 21 á antiga escola de Fazouro, onde o grupo Axóuxeres, de Vilaronte, porá en escena a obra As farturas de Servando.
A concelleira de Cultura, Silvia Blach, anuncia que “este sábado teremos outra obra dentro do ciclo de teatro afeccionado nas parroquias. Esta vez toca na parroquia de Fazouro, na antiga escola, ás sete e media da tarde, co grupo Axóuxeres, que van facer a obra As farturas de Servando”.
Esta representación está organizada polo Concello de Foz e o...
leer más 16/01/2017
A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza para o 19 de xaneiro, a presentación do libro "As contas que nos contan", de Xosé Díaz Díaz. O acto terá lugar na Librería Bahía de Foz ás 20:30 horas.
Nesta obra, editada por Sermos Galiza, analízanse as causas e as formas do espolio económico de Galicia. A presentación correrá a cargo de Xoán Ramón Fernández Pacios, presidente da Pomba do Arco, e posteriormente tomarán a palabra Xoán Costa, conselleiro delegado de Sermos Galiza, e o autor, Xosé Díaz Díaz.
A Pomba do Arco quere con este acto informar sobre determinados aspectos da realidade económica de Galicia, e de xeito moi particular fornecer elementos de análise que rachen co tópico dunha realidade subsidiada ou necesitada da esmola...
leer más 13/01/2017
O Concello de Foz colabora na organización da III Festa dos Callos que terá lugar na parroquia de Santa Cilla o día 28 deste mes, sábado.
Esta cita gastronómica, organizada pola Asociación Cívico Cultural Santa Cecilia, dará comezo ás 21:30 horas. O menú estará composto de empanada, callos, postre, café, pan e bebida (viño, auga e refrescos). O prezo é de 15 euros por persoa, pero para os nenos e nenas é gratis. A cea estará amenizada por Disco Móvil Coco Loco.
As persoas que queiran asistir a esta terceira edición da Festa dos Callos de Santa Cilla, en Foz, poden facer a reserva nos números de teléfono 670.50.91.69 (Pepe) ou 661.70.24.06 (Anxel) antes do mércores 25 de xaneiro.
...
13/01/2017
O Concello de Foz presentou no salón de actos do Cenima unha aplicación turística para dispositivos móbiles denominada Looking Foz, que xa está operativa e permite atopar rutas turísticas xeolocalizadas, información de eventos ou recibir avisos do Concello en tempo real.
En primeiro lugar a técnica municipal de turismo de Foz, Mari Fe Rouco, manifestou na presentación que “esta campaña turística é para promover o concello de Foz a través duns vídeos e dunha app para dispositivos móbiles baixo o slogan O teu destino A Mariña. Foz o teu punto de encontro”.
Marifé Rouco salientou que “a aplicación turística Looking Foz estará dispoñible para dispositivos Android e Ios e nela imos poder atopar rutas turísticas xeolocalizadas, información...
leer más 11/01/2017
O Concello de Foz ven de presentar este mediodía a XIV Festa do Chícaro que se celebrará os días 21 e 22 deste mes con degustacións de berberechos en varias preparacións na carpa instalada no peirao e nos locais de hostalería da vila. No acto participaron o alcalde, Javier Jorge Castiñeira; o concelleiro de Mar, Pedro Fernández Manín; e o presidente do Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz, José Carlos Paleo.
O alcalde dixo que “a Festa do Chícaro sempre é un clásico no mes de xaneiro e nesta ocasión celebrarase os días 21 e 22. O 21 no peirao de Foz nunha carpa instalada para o evento e o día 22 unicamente nos locais de hostalería, co mesmo formato de todos os anos”.
O rexedor focense asegurou: “estamos contentos porque é unha festa que...
leer más 09/01/2017
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira andaina deste ano para o sábado 21 de xaneiro.
Nesta ocasión o percorrido discorrerá por terras asturianas cunha ruta de dificultade media, pola costa dende Santa María del Mar ata Ranón. Os organizadores aseguran que se trata dunha fermosa ruta polas vistas dende o cabo Vidio ata cabo Peñas, cuns cantís de ata 100 metros de altura. Ademais visitaranse os vestixios da guerra civil que quedan en Ranón, unha casamata e trincheiras.
A saída será o sábado 21 de xaneiro ás 8:00 horas do Concello, e o derradeiro día para anotarse é o día 18 deste mes. Para facer as inscricións hai que chamar aos números de teléfono 670 369 017 (Morís) ou 676 561 594 (Nelli). O prezo para o socio federado é...
leer más 30/12/2016
A Foz Big Band ofrecerá un concerto o vindeiro martes, día 3 de xaneiro de 2017, ás 20:30 horas na Sala Bahía. Está organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz.