Foz
O día 9 deste mes, domingo, celebrarase a novena edición da ruta BTT Pico da Lebre, que organiza o Club Ciclista Foz. Foi presentada cun acto no que participaron o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e seis membros da directiva do club: Mauro Álvarez, Ibán Castro, José Antonio González, Lombardero, Iván Rodríguez e Suso Lestegás.
A ruta sairá desde a Praza Conde de Fontao ás 9 da mañá. Unhas das novidades deste ano é a da elección por parte do participante da duración e dureza da proba, posto que a organización propón tres trazados de diferente dificultade para adaptarse aos distintos tipos de ciclistas que queiran achegarse a Foz para gozar dun día de ciclismo puro de montaña. Para os ciclistas que desexen optar pola variante más sinxela teñen preparado un percorrido de 32 quilómetros aproximadamente no que a ascensión total será de...
leer másA UNED-Aula Universitaria de Foz organiza varios cursos e outras actividades durante o segundo trimestre do ano. Foron presentados polo coordinadora do centro, Fuensanta Otero Beltrán, e polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e versarán sobre asuntos como a memoria histórica, o buceo, o Photoshop, a robótica e o maltrato infantil.
Fuensanta Otero anunciou: “temos tres tipos de actividades culturais ao longo deste trimestre. Unha delas é a recuperación da memoria histórica sobre a guerra civil española, outra é un curso de buceo e a última é un curso sobre o color; xa levábamos tempo impartindo cursos de debuxo e os alumnos estaban moi interesados polo de color. Tamén temos unha actividade de Photoshop e dous talleres de robótica, un máis básico e outro de perfeccionamento”.
Finalmente a coordinadora da aula universitaria da...
leer másA programación cultural do Concello de Foz para o vindeiro mes de abril comeza mañá, sábado, día 1, cunha representación de teatro infantil a cargo da compañía Ghazafelhos, que porá en escena a obra titulada Rubicundo. Está dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos. Será ás 18:30 horas na Sala Bahía e o prezo das entradas é de 1,5 euros para os nenos e de 2,5 euros para os adultos.
O seguinte acto incluído na programación cultural do Concello focense é un concerto a cargo da Aula Coral do IES de Foz, que actuará na basílica de San Martiño o xoves, día 6, ás 20:30 horas.
Desde o sábado 8 ata o domingo 16 desenvolveranse os actos da Semana Santa de San Martiño e da XIV Semana da Música Xosé Alonso, que organizan a Confraría do Desencravo e a Delegación de Cultura do Concello de Foz.
Na...
leer másUnha ducia de locais hostaleiros participarán na XIV Ruta das Tapas, que se celebrará en Foz do 13 ao 15 de abril. Este evento gastronómico, no que a protagonista é a cociña en miniatura, está organizado polo Centro Comercial Aberto.
As propostas culinarias serviranse en horario de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. As tapas custarán 1,5 euros.
Os establecementos que participan son: Bar 78, Cafetería Happy Days, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Casa Maño, Fraggle Rock Café, O Lar de Bustos, O Muelle Bar, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón.
O público poderá votar a través do facebook do Centro Comercial Aberto de Foz á tapa coa mellor presentación.
O presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo,...
leer másOs actos incluídos na programación da Semana Santa de San Martiño, que será pregoada polo bispo de Mondoñedo-Ferrol o 8 de abril, desenvolveranse ata o día 16 dese mes. A programación foi presentada na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, por membros da directiva da Confraría do Desencravo, presidida por Silvia Blach Cuesta, que ademais é concelleira de Cultura e irmá maior desa confraría. No acto participou tamén o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.
Silvia Blach explicou: “a Confraría do Desencravo de San Martiño de Mondoñedo xunto co alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixemos a presentación da programación da Semana Santa deste ano e á súa vez a Semana da Música Xosé Alonso, que xa vai na súa décimo cuarta edición e coa que colabora o Concello de Foz na súa realización xunto coa Confraría do Desencravo. Na...
leer másOs servizos de información turística de Foz ampliarán o seu horario durante a vindeira Semana Santa. Anunciouno hoxe a concelleira Maite López Rego.
Desde o día 10 de abril, luns, ata o sábado 15 a oficina municipal de turismo, que está situada no Cenima, abrirá de 11 a 14 horas e de catro a oito da tarde. E o punto de información turística que está na basílica de San Martiño estará aberto ao público do martes día 11 ao sábado 15 en horario de 11 a 14 horas e de catro a oito da tarde, mentres que o domingo 16 estará en servizo desde as 11 ata as 15 horas.
A edil delegada de Turismo explicou que “como todos os anos, por estas datas da Semana Santa pensamos en darlles un maior servizo aos visitantes que se acheguen a facer algunha consulta e por iso modificamos o horario dos puntos de información turística”.
... leer másDesde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano un país é o patrocinador internacional do Día do Libro Infantil. Elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc.
Este ano correspóndelle a Rusia que difunde a mensaxe do poeta Sergey Makhotin e o cartel del Mikhail Fedorow. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e...
leer másO primeiro é o 23 de abril, por terras asturianas. Con esta viaxe devolve a visita á asociación de Mies, de Oviedo. A organización espera que para este irmanamento vaia moita xente e lembra que o grupo asturiano veu con arredor de 50 persoas, polo que pretende amosarlle a súa gratitude pola visita realizada a Foz.
O segundo andareiro, organizado por Sendeiros de Foz durante o mes de abril, é os días 29 e 30 de abril, á localidade da Cañiza en Pontevedra, para participar no Día Nacional do Sendeirista. Nesta cita participarán persoas chegadas de toda España polo que os organizadores tamén pretenden asistir cun grupo numeroso.
As prazas son limitadas e o prazo para anotarse na viaxe a Asturias remata o 19 de abril, e no desprazamento á Cañiza o 12 de abril. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 670...
leer másO vindeiro sábado, 1 de abril, terá lugar no Cenima, en Foz, a presentación dos carteis e dípticos da exposición “Ser visibles”, que se poderá visitar nesa instalación do 7 ao 30 de abril. O acto dará comezo ás 13:30 horas.
Os organizadores invitan “a todos e todas (profesorado dos centros educativos, artistas, asociacións culturais, concellos, medios de comunicación e público en xeral) á presentación dos carteis, que subvencionados pola Deputación Provincial de Lugo, fixemos este ano con motivo da exposición que teremos no Cenima de Foz, coa participación de 11 artistas da Mariña (ADRI PARDO, LALY SANTOS, PILAR REI,LUCÍA CATUXO, ZILÍ KATOVA, CRIS BASANTA, LUCÍA VILA, EVA RIVAS, ALICIA PUCHADES, CARMEN LLONÍN E RENATA OTERO.) entre o día 7 de abril inauguración e o 28 de abril peche. Arredor da cal contaremos ademais cunha serie de...
leer másO grupo teatral O Centiño, de San Martiño, vai estrear a súa segunda obra, titulada "Zume de amorodios".
Trátase dunha reflexión sobre o amor e sobre os odios que o acompañan. A obra é orixinal de Pepe Peinó. A estrea terá lugar o vindeiro sábado, 25 de marzo, no local social de Ferreiravella, en San Martiño, a partir das 20:30 horas.