Foz
20/10/2016
A Mancomunidade de Municipios da Mariña, a Federación de Comercio A Mariña e os IES de Foz, a través da súa Escola de Hostalería, organizan varios cursos de Formación e mellora na restauración, destinados aos hostaleiros da comarca que comezarán a impartirse o vindeiro mes de novembro nas instalacións do centro. Foi no IES de Foz onte se presentou a programación a hostaleiros, a responsables das Acias da comarca e aos medios de comunicación.
O presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, dixo que “pensamos que é unha actividade moi bonito e moi boa, será interesante e importante e vai dar o seu resultado e vai ter a súa connotación aquí na comarca da Mariña. A través da Mancomunidade, do IES de Foz e da Federación de Comercio A Mariña levamos adiante esta iniciativa co único propósito de...
leer más 20/10/2016
Comezan as actividades na Librería Bahía, en Foz, cos Sábados de Conto.
Sofía Manín e Mariña Balseiro son dúas nenas de nove anos ás que lles gusta moito ler historias, e o bo é que... tamén lles gusta contalas!
Este sábado, 22 de outubro, vanse estrear como contadoras na Librería Bahía onde lles escoitaremos a historia de Carabuñas, un ogro moi malo que se topou cunha nena moi lista…
Sonia e Mariña estarán na Librería Bahía este sábado ás doce da mañá.
13/10/2016
Desde a organización sinalan que “aínda que te supoñemos coñecedor dos actos previstos con motivo do Día Contra o Cancro de Mama, dende esta Delegación Local de Foz da Asociación Española Contra o Cancro queremos que teñas o cartel do evento do próximo día 14 de outubro as nove da noite, para que podas valorar por ti mesmo a importancia que ten para AECC que os grupos culturais Rondalla Latexos, grupo de teatro “Pico do Castro”, Colexio Martinez Otero, Concello de Foz e a Delegación Local da AECC xunten os seus esforzos para conmemorar ese día tan importante para todos nos”.
E engaden que “o seguinte acto será o día 19 ás doce da maña diante do Concello onde faremos unha concentración, sen molestar a ninguén, para manifestar a nosa loita diaria Contra o Cancro de Mama e si pode ser...
leer más 11/10/2016
Este sábado, 15 de outubro, terán lugar en Burela os 21 Xogos Autonómicos de Fútbol Sala Trofeo Carlos Outeiriño, que organiza Special Olympics e cos que colabora o Concello. 250 deportistas participarán na competición que se celebrará nos pavillón Vista Alegre e no dos institutos en Burela, ademais de en San Ciprián e en Cangas de Foz.
O alcalde, Alfredo Llano, anunciou que “o próximo xoves, día 13, ás doce da mañá no salón de plenos do Concello de Burela, imos facer a presentación dos 21 Xogos Autonómicos de Fútbol Sala Trofeo Carlos Outeiriño, que está organizados por Special Olympics e tamén imos colaborar o Concello de Burela e outras asociacións como pode ser Fademga”.
O rexedor considera que “é unha boa nova para Burela anunciar...
leer más 11/10/2016
A asociación Sendeiros de Foz organiza unha ruta para o día 23 de outubro polo Camiño Ferradal ou da Caleira en Quiroga.
A saída será ás 7:30 horas das inmediacións do Concello e o prezo para os socios federados é de 25 euros, para os socios non federados 29 euros, para os non socios federados 30 euros e para os non socios non federados 34 euros. Vai incluída a comida e o seguro de accidentes. É obrigatorio anotarse e o prazo remata o 19 de outubro. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 670 369 017 e 676 561 594.
Recoméndase levar equipo de sendeirismo e a dificultade da ruta é media. Colabora con esta iniciativa o Concello de Foz.
09/10/2016
A asociación Sendeiros de Foz organiza o 25 de outubro, unha charla baixo o título Sendeirismo e relevo xeracional que ofrecerá o presentador do programa Mochileros da Televisión de Asturias, Camilo Sousa “el Mochilero”.
Nesta charla falarase do sendeirismo e o problema da falla de xente nova nos grupos de montaña.
É un acto enmarcado no programa de celebración do vinte aniversario dos Sendeiros. A charla terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Foz ás 19:30 horas.
29/09/2016
A programación cultural de Foz para o vindeiro mes de outubro comeza este sábado, día 1, con teatro infantil na Casa da Cultura.
A concelleira de Cultura, Silvia Blach, anunciou que “o sábado, día 1, na Casa da Cultura ás 19:00 horas temos teatro infantil coa compañía Elefante Elegante, que representará a obra O rueiro das liortas. É unha proposta escénica dirixida a todos os públicos e inspirada na comedia da arte italiana, especialmente pensada para o tempo de lecer. O venres 7 ás 18:00 horas, tamén na Casa da Cultura, Trinke Trinke Teatro fará a obra O coelliño branco. Está dirixida a nenos de 3 a 8 anos, dentro do programa Ler conta moito. Tamén na Casa da Cultura, pero ás 20:30 horas, o venres 7 teremos teatro co grupo Fantoches Baj e a obra Os vellos non deben namorarse. Esta obra...
leer más 27/09/2016
Este xoves na Casa da Cultura de Foz proxectarase a película A praia dos afogados e o venres actuará o dúo cómico Mofa & Befa coa obra titulada Bobas & Galegas.
A concelleira de Cultura, Silvia Blach, anunciou hoxe que “este xoves 29 ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Foz temos cine. Por soamente 3 euros podemos ver a película A praia dos afogados, con xente como Celso Bugallo e Tamar Novas traballando nunha película onde se fala das peripecias do inspector Leo Caldas. É totalmente recomendable ir este xoves á Casa da Cultura a ver esta proxección de cine galego”.
A responsable de Cultura no Concello de Foz engade que “o venres 30, tamén na Casa da Cultura, ás 21:00 horas e soamente por 3´5 euros imos ter a Mofa & Befa con...
leer más 22/09/2016
O X Encontro de Sendeirismo Río Ouro e Praias de Foz terá lugar este sábado, 24 de setembro. O evento foi presentado polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e por membros da directiva da asociación Os Sendeiros de Foz.
O rexedor dixo que “o próximo sábado a partir das nove e media da mañá e con concentración inicial e punto de saída na praza Conde de Fontao, na zona portuaria de Foz, dará inicio a décima marcha sendeirista organizada polos Sendeiros de Foz, que discorrerá pola ruta Río Ouro e Praias de Foz”.
Castiñeira sinalou que “como todos os anos estamos a falar dun clásico do mes de setembro, onde se xuntan arredor de 400 sendeiristas de Galicia e de Asturias nunha xornada estupenda e a través dunha ruta que gusta moito á xente”....
leer más 20/09/2016
Foz celebra a décimo primeira edición do Día da Bici organizado polo Concello este sábado, día 24, cun percorrido desde o parque infantil de tráfico ata a praia da Pampillosa e regreso ao punto de partida.
Desde o Concello focense explicaron que será “unha xornada festiva na que maiores e pequenos/as comparten o gusto polo deporte, facendo un percorrido desde o Parque Infantil de Tráfico (PIT) ata a praia da Pampillosa, onde repoñerán forzas con froita e bocadillos, para regresar ao PIT. Este ano poderán pedalear entre a praia da Rapadoira e a de Llas polo carril bici. Para que todo saia ben velarán pola seguridade de todos/as os/as participantes a Policía Local e a agrupación de Protección Civil de Foz. A inscrición é gratuíta....
leer más