Na Librería Bahía, de Foz, celebrarán o Día das Letras Galegas o 18 de maio cun coloquio e cun 10% de desconto no libro galego.

Na Librería Bahía celebrarán o día das letras galegas o 18 de maio por ser festivo o día 17.
Desde este establecemento explican que “organizamos en colaboración co club de lectura da Pomba do Arco un coloquio co escritor vivariense Manuel Lopez, xerente de Gráficas Lar, editor e autor do relato Tres Balas, editado por Edicións Embora”.

Tres Balas é o relato do último día da vida dun fuxido da Guerra Civil. A través dos acontecementos e pensamentos do seu personaxe, Manuel da conta cunha prosa fermosa e concisa do que foi a realidade dos fuxidos e de todos aqueles que, dende as vilas e aldeas, mantiveron contacto con eles. Unha historia próxima aínda no tempo que cómpre manter viva.

Ademais do coloquio que se celebrará o xoves, 18 de maio, ás oito e media da tarde, durante todo o día o libro galego terá un 10% de desconto.