Foz
14/11/2016
A Casa da Cultura de Foz acollerá o vindeiro mércores, 16 de novembro, un taller de emprendemento e creatividade tecnolóxica. Será a partires das 13:30 horas.
No evento, que abordará a innovación, o emprendemento, a renovación e a consolidación comercial coma eixos fundamentais no presente e no futuro do tecido comercial, participarán como ponentes: Sol Vázquez, directora xeral de Comercio; María Montserrat Rodríguez, inspectora do Instituto Galego de Consumo; Miguel Ángel Bermúdez e Olalla Román, de Medio de Pago e Desenrolo de Negocio de ABanca; e Susana Basanta, de Vagaluz.
Neste taller de emprendemento e creatividade tecnolóxica tamén se darán cita José Mª Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio; e José Carlos Paleo,...
leer más 10/11/2016
A Asociación Socio Cultural A Pomba do Arco organiza o 14, 15 e 16 de novembro unha nova edición da Festa da Palabra, consistente nun concerto e en dous recitais poéticos que se celebrarán no salón de exposicións do CENIMA de Foz a partir das 20:30.
O programa de actos é o que segue:
O luns, 14 de novembro, ás 20:30 horas no salón de exposicións do CENIMA de Foz concerto de rock a cargo do grupo “Fran Amil e a tribo incomprensíbel” que presentaran o seu disco “ A voz do vento”, sobre poemas do poeta chairego Manuel María.
O martes, día 15, ás 20:30 no salón de exposicións do CENIMA de Foz recitará os seus versos a poeta Marica Campo, persoa moi vinculada á Mariña de Lugo, onde residiu varios anos...
leer más 10/11/2016
A biblioteca pública de Foz acaba de convocar a décimo quinta edición do concurso de postais de Nadal, que é o decano da comarca en versión tradicional, segundo destacou a bibliotecaria municipal, María Jesús Álvarez.
No certame poderán participar todos os rapaces de ata 16 anos que o desexen e as postais deben realizarse en cartolina cun tamaño de 16 por 11 centímetros e no seu reverso teñen que figurar os seguintes datos: nome, idade, dirección, número de teléfono e centro no que estudan. O primeiro premio consistirá na reprodución da postal como felicitación oficial do Concello de Foz para o vindeiro Nadal, que se elixirá entre as tres categorías establecidas, que son: infantil A, ata 6 anos de idade, para a que hai un primeiro e un segundo premio, que son lotes de libros; infantil B,...
leer más 08/11/2016
O Concello de Foz e o Hospital da Costa organizan un ciclo de charlas médicas que dan comezo este xoves, día 10, ás 20:00 horas na Casa da Cultura focense, onde foron presentadas hoxe. Abordaranse temas de otorrinolaringoloxía, reumatolóxicos e relacionados coa alimentación infantil.
O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anunciou que “un ano máis estamos na Casa da Cultura acompañados da xerente do Hospital da Costa, Carmen Durán, e tamén de María José Cortés, que é a subdirectora médica, presentando as charlas médicas que organiza o Concello de Foz a través da Concellería de Consumo”.
Javier Castiñeira sinalou que “son unhas charlas médicas que significan para o Concello e para os veciños de Foz ese achegamento do Hospital da Costa e dos...
leer más 03/11/2016
Este sábado, 5 de novembro, ás doce da mañá na Librería Bahía de Foz haberá unha nova sesión dos “Sábados de Conto”.
Haberá contacontos e taller sobre o libro “Lágrimas bajo la cama”, coa súa autora e editora, a lucense Ana Meilán.
“Simón é un neno de bágoas fáciles e por iso todos lle chaman chorón. Un día toma unha decisión drástica. Qué vai facer Simón coas súas bágoas? Si queredes sabelo, vinde á Librería Bahía o vindeiro sábado”, explican os organizadores.
03/11/2016
A Concellería de Cultura focense ven de presentar a programación para este mes de novembro, que inclúe varias representacións de teatro nas parroquias, concertos e charlas médicas, entre outras actividades.
A concelleira Silvia Blach detallou que “o venres 4 no Cenima ás 21:00 horas imos ter un concerto de metais a cargo do Conservatorio de As Pontes, polo grupo que ven de intercambio coa Escola de Música de Foz para que ese día teñamos un concerto marabilloso ao que invitamos a todo o mundo a que asista dentro dese ciclo do mes da música que temos todos os meses de novembro no concello de Foz”.
Silvia Blach continúa sinalando que “o sábado, día 5, no centro social A Saira, de Nois, teremos a partir das 20:00 horas teatro nas parroquias...
leer más 29/10/2016
En novembro chega unha nova edición do Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. En total vanse repartir 2.400 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. Cada venres, os días 4, 11, 18 e 25, destinaranse 300 euros para o Campañazo e outros 300 para o resto dos cartóns premiados.
O Campañazo poderase seguir en directo a partir das once da noite a través de Radio Foz, no 107.4 da FM. Aquela persoa que cante o Campañazo deberá chamar rapidamente á emisora desde o local no que estea a seguir o sorteo. E o mesmo deberán facer o resto de premiados cada venres pola noite.
Un total de 60 establecementos comerciais e hostaleiros participan no Campañazo do Centro Comercial Aberto de Foz.
...
leer más 27/10/2016
A XIII edición da ruta en vehículos 4x4 Montes da Mariña celebrarase este fin de semana, desde mañá, venres, día 28, ata o domingo 30. Foi presentada en Foz nun acto no que participaron o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e os representantes do club Os Correcamiños Pablo Sobrado, Javier Blanco e Carlos Maseda.
Os organizadores explicaron que “este ano bateuse o récord de inscritos, cun total de 480. As procedencias dos participantes son do norte da península, así como de Madrid e Cáceres, entre outros lugares”.
Tamén anunciaron que “a xornada de mañá, venres, estará dedicada á recepción dos participantes. O sábado 29 sairán ás 9 da mañá para realizar unha ruta todo o día, con comida no pavillón de Ferreira do Valadouro e cea no...
leer más 26/10/2016
Ya está en internet el vídeo de la primera mesa redonda de las Jornadas de Comunicación, Gastronomía y Promoción del Turismo en el Litoral de Lugo, que se celebró en Foz el pasado día 15 de este mes. Se puede ver y escuchar a través de este enlace: https://www.youtube.com/watch?v=6-lb95KmuDA
El montaje, realizado por ElFarero Audiovisuales, incluye también fotografías de otros momentos del evento, como las visitas y degustaciones en las que participaron Pepa Sastre, de Televisión Española; Pedro Pablo García May, de la Agencia Efe; y Luis Fraga, periodista televisivo y docente.
La mesa redonda, que se celebró en la Casa de Cultura de Foz, fue moderada por Pablo Villapol, de El Progreso. Al...
leer más 24/10/2016
A asociación sociocultural A Pomba do Arco organiza o 29 de outubro unha visita guiada ao Espazo Caritel, “un punto de encontro para a arte e a natureza situado á beira da vella catedral románica de San Martiño de Mondoñedo, promovido e xestionado por un dos máis destacados artistas plásticos galegos, Daniel Río Caxigueiro”, sinalan os promotores desta actividade.
O percorrido polo Espazo Caritel vai comprender a visita á sala de exposicións e ao taller do propio artista, “onde atoparemos unha mostra do seu traballo, así como un paseo polo xardín, cuxa posta en marcha se iniciou vai para 25 anos. Alí atopamos árbores e arbustos chegados de Chile, Xapón, Corea, Uruguai ou Arxentina xunto á vexetación autóctona, destacando unha colección de máis de cen camelias de diferentes especies”....
leer más