O Concello de Foz ofrece películas do Ciclo Mestre Mateo os días 2, 3, 9, 10, 13, 16, 17, 23, 24 e 30 de outubro

O Concello de Foz anuncia: “neste mes de outubro en Foz poderemos volver gozar do mellor cine galego, coa volta do Ciclo Mestre Mateo, por cuarto ano consecutivo”.

A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, explica que “os mércores e xoves a partir das 20 horas na Casa da Cultura proxectaremos os documentais, longametraxes e curtas seleccionadas como mellores neste ano 2024.  Ademais o domingo 13 ás 18:00 horas teremos unha longametraxe para todos os públicos”.