Bailes dos domingos
O Concello de Foz, en colaboración con Sanbet Agencia, estrea nova tempada do Baile dos domingos na Sala Bahía. En horario de 20 a 23 horas e cun prezo de cinco euros, esta semana actuará La Clave. O día 13 de outubro será a quenda do dúo Maracaibo, o día 20 actuará o dúo Venus e o 27 pechará Carlos Manteiga o mes de outubro.
A concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo, anuncia: “comezamos nova tempada, outono-inverno, do baile dos nosos maiores. Unha actividade de divertimento, moi motivadora e gratificante para eles, onde ademais de facer exercicio físico con baile, escoitan música, interactúan e se relacionan. É a mellor das terapias para o seu benestar, físico, mental e emocional, a ben chamada bailoterapia. Dende o Concello queremos fomentar unha participación proactiva das persoas maiores, un espazo de encontro onde poidan ampliar...
leer más