Foz
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 18 de marzo unha ruta por Seimeira-Forcón de Ríos na zona de Os Oscos, en Asturias.
A saída será ás 8:00 horas do Concello e para participar é obrigatorio anotarse antes do mércores 14 de marzo. Poden facerse as inscricións nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es
O prezo é 22 euros para os socios federados, 27€ para os socios non federados e 32 euros para os non socios. Está incluído o xantar e o ingreso debe facerse en conta bancaria.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten unha dificultade media.
Colabora o Concello de Foz.
A Delegación de Muller do Concello de Foz levará a cabo unha campaña titulada Foz conciencia, non somos invisibles, con motivo da celebración do Día da Muller. A concelleira Mercedes González Alonso explica que “se trata de visibilizar o traballo da muller na ciencia”. A campaña consistirá no desenrolo de obradoiros con alumnos e alumnas dos centros educativos do municipio que terán lugar na Casa da Xuventude mañá, martes, e o mércores.
A concelleira sinala que “con motivo do 8 de marzo, Día da Muller, dende a Concellería da Muller do Concello de Foz levamos adiante a campaña Foz conciencia, non somos invisibles. É un xogo de palabras co que queremos poñer de manifesto o papel das mulleres na ciencia, dar a coñecer as novas verdades científicas da historia, o seu traballo e o que tiveron que loitar para poder dar a coñecer a súa presenza...
leer másA Casa da Cultura de Foz acollerá este sábado, día 3 de marzo, ás 20:00 horas o Festival dos Namorados, evento no que se entregarán os premios aos galardoados no XVII Certame de Poemas de Amor convocado pola biblioteca pública municipal focense.
No festival actuarán alumnos da Aula Moderna da Escola de Música de Foz e Felipe Sánchez.
Este evento está organizado pola biblioteca pública municipal de Foz e os patrocinadores son os restaurantes Xoiña, Rincón do Mis e Barrilete.
Oito locais hostaleiros de Foz, socios do Centro Comercial Aberto, poñen en marcha unha ruta de viños e tapas, que se desenvolverá os xoves, venres e sábados desde o 22 de febreiro ata o 24 de marzo.
Na cita participan: Leyton, Mayros, Xoyma, Dandy, Happy, Express, Anduriña e Xoiña, establecementos situados nas rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña. Cada local ofrecerá unha tapa especial ao cliente. E será cada un o que decida si por esa tapa cobra 1,50 euros.
Para incentivar que a xente acuda á Ruta de Viños e Tapas os hostaleiros farán cinco sorteos en Radio Foz, empregando o sistema de extracción de cartulinas. Cada semana haberá dous premios: 1 vale para cear 5 persoas por valor de 100 euros nun dos restaurantes que participan nesta iniciativa e 3 vales por valor de 20 euros cada un para consumir nas...
leer másO venres, 23 de febreiro, ás 20:30 terá lugar na Libraría Bahía, de Foz, a presentación de “Galeguia”, unha traballo de Manuel Miragaia, no que percorre unha parte da historia de Galicia e as súas relacións con Portugal.
O acto está organizado pola asociación A Pomba do Arco.
Mañá e o sábado terá lugar en Foz a 8ª Festa Afrodisíaca, que organiza o Centro Comercial Aberto.
Durante esas xornadas nos locais hostaleiros da localidade haberá tapas afrodisíacas. Entre as propostas que se poderán atopar e saborear non faltarán produtos como o chocolate, a canela, o aguacate, as ostras, as framboesas negras, os dátiles, a vainilla ou as améndoas, entre outros.
Coa 8ª Festa Afrodisíaca o Centro Comercial Aberto de Foz celebra San Valentín. Ademais do 10 ao 14 de febreiro tres pastelerías (Amarena, Anduriña e Xoyma) serviron doces afrodisíacos e o vindeiro día 20 terá lugar o sorteo de 5 ceas, para dúas persoas cada unha, entre aqueles clientes que fixeron as súas compras no comercio asociado do 7 ao 14 de febreiro. O sorteo terá lugar ás 13:00 horas e realizarase a través de Radio Foz.
... leer másA Fundación TIC da Deputación emitirá en directo o XI Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería de Foz, o VI Campionato Internacional de Catas de Cafés de Escolas de Hostalería e o VI Campionato Internacional de Baristas Profesionais, que se celebran do 21 ao 23 de febreiro. Alumnos da Escola de Imaxe e Son serán os encargado do streaming, que poderá verse a través de Facebook e YouTube.O patrón da TIC e Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, acompañado polo director do IES de Foz, Nicolás Asensio, e o coordinador das competicións, Xosé Ríos, presentou este xoves a nova colaboración nun acto no que un alumno de hostalería do centro focense preparou unha degustación de cafés.
Santos Ramos dixo que “celebramos dez anos de frutífera colaboración, que vai máis aló do ámbito formativo, xa que grazas a esta...
leer másKids&Us, escola de inglés con metodoloxía innovadora e diferencial de aprendizaxe, presenta a Storytime Under the sea o próximo sábado, 17 de febreiro, ás 12:00 horas na Librería Bahía de Foz. As storytime son representacións teatrais 100% en inglés; a través de distintos personaxes, cancións e material creado por Kids&Us, os nenos e nenas son transportados a un mundo cheo de fantasía no que vivirán aventuras en inglés.
Kids&Us invita a todas as familias con nenos e nenas entre 1 e 8 anos a desfrutar deste teatro en inglés na Librería Bahía. A entrada será gratuíta e haberá moitas sorpresas para os pequenos: agasallos, sorteos, etc.
Kids&Us é moito máis que unha academia de idiomas, é un universo no que o aprendizaxe do inglés faise realidade. A metodoloxía permite que nenos e nenas a partir de...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 25 de febreiro unha ruta pola ribeira do río Sor dende Ponte do Porto ata Monte da Insua.
A saída será ás 8:30 horas do Concello, a comida será en Loiba e despois farase unha visita a Estaca de Bares.
O derradeiro día para anotarse é o mércores 21 de febreiro, e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es
O prezo para os socios federados é de 20 euros, para os socios non federados 25€ e para os non socios 30 euros. O ingreso debe facerse en conta bancaria.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un grado de dificultade media.