Festas
O Salón de Actos da Deputación de Lugo acolleu esta mañá a presentación da 866 edición das San Lucas de Mondoñedo, que contan unha edición máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo cunha achega de 20.000 euros. O deputado Efrén Castro na que participou tamén o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Paz, o pregoeiro desta edición Modesto Díaz, e o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, así como representantes da corporación municipal.
O mundo do cabalo será protagonista das San Lucas co paso dos cabalos polas rúas e Praza da Catedral de camiño á feira (luns 17, ás 18.00 horas), así como o propio mercado (martes 18, todo o día), diferentes certames morfolóxicos e de andadura e unha exhibición de doma nocturna espallados ao longo dos festexos. A organización destacou nese senso a celebración por primeira vez dentro da feira...
leer másA parroquia de San Román celebrará as Festas na Honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carmen do 7 ao 12 de outubro.
Os diferentes actos previstos foron presentados polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura, Dolores García Caraméns, e por unha representación da Comunidade de Montes de Vilaestrofe, entidade que organiza a festa, coa colaboración do Concello de Cervo.
O programa arrinca o venres 7 co SanroDance 2022, que terá lugar a partir das 23:00 horas no Pavillón de San Román e que contará coa participación dos DJs Marcos Peón (Hermo) e David Expósito (Radio Líder) ademais da Disco Móbil Conxuro.
O sábado 8 a verbena estará protagonizada polas orquestras Garibaldi e Charleston Big Band.
Xa o domingo 9, ás 13:15 horas está prevista a misa solemne...
leer másA celebración será na segunda fin de semana de setembro
O Concello de Viveiro, xunto a Comisión de Festas, presentou o programa das festas de Xunqueira, na honra de Nosa Señora de Valdeflores.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o primeiro tenente de alcalde, Jesús Fernández, acompañaron ao único integrante da comisión de festas na presentación, Jacobo Otero Regal. Dende o Concello de Viveiro agradecen a Jacobo o seu esforzo, xa que decidiu asumir a organización das festas malia ser a única persoa presente na comisión.
As festas celebraranse os días 9, 10 e 11 de setembro, incluíndo verbena, sesión vermú, festa dos callos, así como festa da espuma e toro mecánico, entre outras actividades.
O Valadouro volve a celebrar as Festas do Oito, as súas patronais na honra da Nosa Señora. Aínda que os días grandes sexan do 8 ao 11 de setembro, a programación cultural comezará unha semana antes con diversas actividades culturais.
O 2 de setembro ás 21:30 horas, farase ZumVAL, unha exhibición de zumba dun grupo de veciños e amigos de Alfoz e O Valadouro, na Praza Santa María de Ferreira. Tamén nesta praza o 3 de setembro as 19:00 horas terá lugar a XXXII Mostra Folclórica do Valadouro. Nela actuarán o Rancho Folclórico de Santa Eulalia de Cabanelas, de Portugal, a A.C A Legua Dereita, de O Corgo, e a A.C Amado Lar, de O Valadouro.
Do 4 ao 7 de setembro farase a XXXVI Semana do Teatro Afeccionado. O domingo 4 A Adala Grupo de Teatro (Fazouro) interpretará a obra “Vivan os noivos”. O 5 de setembro o Grupo de...
leer másA Xunta de Galicia apoia as patronais na honra de Santa María do Campo de Ribadeo, que comezan a vindeira fin de semana, a través do patrocinio de concertos, espectáculos de animación na rúa e vídeo mupis informativos. Estes son algúns dos actos dun programa festivo que deseñou a comisión de festas, con quen hoxe mantivo unha reunión o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Entre as propostas de ocio que contaron coa colaboración económica da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia e da área de Política Lingüística, Javier Arias destacou o concerto da Penúltima Sabinera, o mesmo día de arranque das patronais, o próximo sábado 3; a animación na rúa con grupos como O Cuarteto de Illa Pancha e Festicultores; a edición do libro de festas, e o patrocinio dos vídeo mupis informativos.
...
leer másOs festexos en San Adriano comezan o 2 de setembro ás 21:30 horas cunha gran pulpada e churrascada, servida por Constante, seguida pola verbena coas orquestras Costa Dorada e Saudade.
O sábado 3, ás 13:00 horas, será a misa solemne, seguida da sesión vermú amenizada pola orquestra Pontevedra, que repite na verbena xunto con Galilea.
Xa o 4 de setembro, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne e a sesión vermú, esta vez a cargo do grupo de baile Asociación Cultural Osorio Gutierrez de Lourenzá e de seguido a orquestra Solara. A xornada rematará cunha gran verbena con Solara e o Dúo EPO-K.
O alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e o deán da catedral de mindoniense, Pedro Díaz,acompañadosdos membros da comisión de festas dos Remedios, presentaron esta mañá o cartel da tradicional festividade na honra da Virxe dos Remedios, que ten coma eixo central a ofrenda que presentan as cidades e vilas capitais de partido xudicial da Diocese de Mondoñedo-Ferrol.
A ofrenda, que se mantivo sen interrupción ao longo dos anos da pandemia, será presentada nesta ocasión polo alcalde do Concello de Mondoñedo, e recuperará, este ano si, a tradicional procesión coa imaxe da patroa, acompañada pola banda de música Pascual Veiga, e coa traca pirotécnica habitual.
No que respecta ao cartel festivo, un total de 5 orquestras actuarán no paseo central da Alameda, destacando ao “Grupo Beatriz”, a noite do sábado a partir das 24...
leer másPortocelo, en Xove, celebrará o 9, 10 e 11 de setembro as súas festas patronais na honra da Nosa Señora.
Comezarán o 9 de setembro ás 21:00 horas cunha gran churrascada, seguida da festa rachada amenizada por Dúo Chic e o grupo Tania Veiras. Xa o 10 de setembro ás 10:00 da mañá tiraranse as bombas de palenque e as 13:30 horas será a misa solemne, seguida da sesión vermú coa actuación de Nueva Fuerza. As 18:00 horas farase un campionato de bolos e ás 23:00 horas comezará a verbena, con Nueva Fuerza e a orquestra Gran Parada.
O domingo, 11 de agosto, farase tamén as 10:00 horas a tirada das bombas de palenque e a misa solemne as 13:30 horas. A festa remata coa sesión vermú amenizada polo Dúo Zafiro.
Do 26 ao 29 de agosto celebraranse as festas patronais de Lourenzá, as do Conde Santo.
Comezarán o 26 coa Farra do Conde, unha cea-baile, na que haberá djs e unha actuación de Toxo Guayaba, co patrocinio de Patrimonio Laurentino. Os tíckets para poder asistir pódense comprar nos bares do pobo.
O 27 de agosto haberá sesión vermú amenizada por Distrito 7, que tamén estará na verbena xunto con La Banda de Nash. O 28 de agosto a sesión vermú correrá a cargo de La Favorita, que repetirá na verbena con Nueva Fuerza. E o luns, 29 de agosto, haberá unha última sesión vermú, amenizada por D Vicio.
Barreiros volve celebrar as Festas do San Bartolo, despois de dous anos de parón debido ao covid19. As festas son o 23 e 24 de agosto.
Hoxe, día 23, comezará as 20:30 horas cunha churrascada popular, coa ración a 12€ e música a cargo de Blanco y Negro, que repetirá na verbena xunto coa orquesta canaria Furia Joven.
Xa o 24, o Día de San Bartolo, terá lugar ás 13:00 horas a misa solemne e procesión na honra de San Bartolo. A continuación, sesión vermú a cargo do Dúo Belinda, que tamén actuará as 22:30 horas na verbena, xunto co grupo Beatriz. O peche da festa farase con un DJ convidado.