A parroquia cervense de Rúa celebra as súas festas da Candelaria do 3 ao 5 de febreiro.
O venres 3 a partir das 23:00 horas haberá verbena coas actuacións de Fania Blanco Show, Los Coleguitas e Macro Disco Level Show con DJ Conxuro.
O sábado empezarán as actividades ás 12:30 horas con misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo. Despois haberá procesión e sesión vermú coa orquestra Trebol, que tamén amenizará a verbena xunto co Grupo Beatriz e o DJ Litainer.
E o domingo a partir das 13:00 horas celebrarase misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo. A continuación haberá procesión e sesión vermú coa actuación do grupo Fénix.
Estes festexos están organizados pola Comisión de Festas de Rúa coa colaboración da comunidade de montes veciñais e do Concello de Cervo.