O desfile de Entroido de Viveiro será o martes 4 de marzo

O Concello de Viveiro publicou as bases para inscribirse no concurso de disfraces e no desfile de Entroido que terá lugar o martes 4 de marzo. Especifican as normas reguladoras de participación, así como as axudas económicas e premios que se outorgarán aos participantes no desfile e concurso de disfraces. Establécense diferentes categorías de adultos -carrozas (cun mínimo de catro participantes), comparsas, grupos, parellas e individual- e infantís, con individuais, parellas e grupos.

O prazo de inscrición para o desfile é do 20 ao 28 de febreiro no rexistro ou na sede electrónica do Concello de Viveiro.

O xurado estará composto por un mínimo de tres membros designados pola organización do concurso e valorará o vestiario e orixinalidade dos disfraces, así como a posta en escena.