Fin de semana

02/11/2023

O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha dende hoxe,  2 de outubro, e o sábado día 4 a campaña Shopping Weekend, 3 xornadas de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos. Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 45 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos.

Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, estancos e salóns de peiteado.

Estes locais estarán identificados cos distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios,...

leer más
19/10/2023

A Mariña en Ruta seguirá os días 28 e 29 de outubro por Cervo e pola Pontenova. A viaxe ao pasado pola fraga da Becerreira en Trabada, prevista para o 21 de outubro, queda posposta para o 5 de novembro por mor dos lumes acontecidos a pasada ponte festiva. 

A Mariña en Ruta é un proxecto que está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro están programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado. 

O pasado xoves, 12 de outubro, Sofía López guiou un percorrido por San Miguel de Reinante: comercio, indianos e fidalgos (Barreiros). O 14 de outubro con Boris Vilar os asistentes coñeceron de preto Riotorto, a terra dos ferreiros. E o 15 de outubro Carmen Delia...

leer más
11/09/2023

A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo en Aller (Asturias) do 22 ao 24 de setembro. O sábado 23 farán a ruta Peña Mea, que ten unha distancia de 12 quilómetros e é de dificultade media alta. E o domingo percorrerán a ruta Foces del Pino, cunha distancia de 8 quilómetros e dificultade baixa.

A saída será o venres 22 ás 18:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 19 de setembro, chamando ao teléfono 647.06.70.54. O prezo é de 120 euros para os socios do colectivo organizador e de 140 euros para os que non o son. O réxime de aloxamento é de media pensión incluíndo o xantar do domingo. As prazas son limitadas. 

 

14/07/2022

Este venres, ás 20:00 horas, no Campo de San Francisco, Pajarito presenta A vida tola. Trátase dun espectáculo de novo circo incluído no ciclo Cultura no Camiño.

Tamén este venres e o sábado celébranse as Festas do Carme no porto de Porcillán con actuación o 16 de xullo de Lucía Pérez a partires das doce da noite. 

Ademais dende mañá venres pódese visitar na Sala de Exposicións da Casa do Viejo Pancho a mostra titulada O Castro tamén na orixe da literatura infantil e xuvenil galega, comisariada por Héitor Picallo. O horario de apertura é de 10:00 a 13:00 de luns a venres ata o vindeiro día 29.

 

28/10/2021

O Concello de Viveiro invita á cidadanía a gozar mañá, 29 de outubro, e este sábado, día 30, da festa do Samaín nas rúas do Casco Histórico de Viveiro. 

As rúas contarán con amenización musical e repartiranse caramelos, cortesía do Concello e da asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro, para os cativos e cativas que acudan disfrazados aos comercios asociados. 

 

19/08/2021

O venres, día 20 de agosto, ofrecerá un concerto o pianista Javier Peranes, dentro do Festival Bal y Gay. Será no Auditorio Municipal, ás 20:30 horas. A venda de entradas faise a través da web do Festival. 

Tamén incluído na programación do Bal y Gay, o día 21 actuará Cantoría-Ensalada Musical, nun concerto ideal para público familiar. Terá lugar no Teatro ás 12:00 horas e a entrada é de balde.

O domingo, día 22 de agosto, o grupo Remakers tocará no Forte de San Damián ás 20:30 horas dentro do ciclo Soa Forte. Nesta ocasión non hai venda anticipadas de entrada e o despacho de billetes farase a partir das 19:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.

 

03/11/2016
Shopping Weekend, organizado por el Centro Comercial Histórico de Viveiro, los días 4 y 5 de noviembre. Participan 5 comercios, que ofrecerán descuentos del 20% en infinidad de artículos.
 
El Centro Comercial Histórico de Viveiro apuesta una vez más por impulsar las compras y el ocio en su ciudad. Pone en marcha este viernes 4 y el sábado 5 de noviembre la campaña Shopping Weekend,  un fin de semana de compras ofreciendo fantásticos descuentos en miles de artículos.
 
Una oportunidad para pasar el fin de semana realizando compras en los 55 comercios participantes en la campaña y disfrutar de descuentos del 20% en miles de artículos. Participan locales de moda, calzado, complementos, artículos de deporte, lencería, joyas, muebles, decoración, perfumería, belleza, juguetes, artículos para el hogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía etc.
 
Los locales...
leer más