Curso
O Concello de Ourol, en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño, vai organizar un curso sobre "Os traballos de primavera para mellorar a produción nas hortas". Esta actividade vai ter lugar os días 23 e 24 de abril en horario de 16:00 a 20:00 horas no Edificio Multiusos de Ourol.
Neste curso os participantes aprenderán como mellorar diversos aspectos para aumentar a produción nas nosas hortas: limpeza da terra, regadío e utensilios agrícolas, compra de vexetais e a súa colocación na horta, coidado dos cultivos, pragas...
As inscricións pode facerse a través dos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.694.051. O prazo remata o día 19 de abril.
O 24 de abril desenvolverase unha Xornada de Formación en Xeoturismo para anfitrións e xestores de turismo, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística.
Esta xornada estaba prevista para o pasado 13 de marzo, pero quedou posposta para este mes de abril co obxectivo de que, tralos preparativos que supuxo a Semana Santa, poida participar o maior número de persoas interesadas. Desenvolverase no salón de conferencias, en Burela, en horario de 10 a 14 horas e de 15 a 19 horas.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, lembra que “esta xornada formativa ten como obxectivo primordial a divulgación e posta en valor do patrimonio xeolóxico da Mariña entre os axentes locais implicados no desenvolvemento do turismo no territorio, ben sexan do sector público, como...
leer másO Concello de Xove organiza un curso de iniciación á apicultura, de 20 horas de duración, para os días 13 e 14 de abril (sábado e domingo) en horario das 09:00 ás 14:00 e o domingo 21 de abril das 09:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas. Será na Aula de Formación do Concello de Xove.
Ofrecerase formación teórica e práctica. As prazas son limitadas a 20 persoas e as interesadas deben inscribirse no Concello de Xove antes do 5 de abril.
O XXXIII Curso de Formación Orquestral de Xove desenvolverase do 23 ao 27 de marzo e foi presentado cun acto no que participaron o alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Cultura, Dolores Meitín; e o director da actividade, Xan Carballal.
A organización anuncia que “esta 33ª edición do Curso de Formación Orquestral introduce unha gran novidade, xa que a temática será en formato de conto musical, que compartirá tamén coa organización e traballo de grupos de música de cámara. Tanto o texto coma a música foi elaborado para a 33ª edición do Curso de Formación Orquestral de Semana Santa que organiza a asociación Prestoxove baixo o patrocinio do Concello de Xove. A música do conto está composta por Xan Carballal (director do curso de Formación Orquestral) e a lírica composta por Xulia Nogueira (directora da Escola Municipal de Música de Xove). Nesta...
No local social de Saldoira (A Pontenova) desenvolverase un curso de fruticultura, enxertos e poda, de 12 horas de duración, os días 23, 25 e 27 de marzo. Está organizado por Sindicato Labrego Galego e COAG.
As persoas interesadas en máis información poden contactar a través do teléfono 630.970.132 ou do correo electrónico ribadeo@sindicatolabrego.gal. O prazo para inscribirse remata o 21 de marzo.
É unha actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
A Xunta publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria dun curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais que se impartirá en Ribadeo. En toda Galicia haberá seis edicións repartidas por diferentes localidades.
No caso de Ribadeo, as datas aínda non están pechadas pero publicaranse proximamente na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). En todo caso, impartirase antes do mes de xullo. Hai 27 prazas dispoñibles e o número de horas lectivas será de 240.
A inscrición é gratuíta e poderá facerse desde mañá, 23 de febreiro, ata o 4 de marzo. Os interesados deberán cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp.
Poden participar as persoas maiores de idade que teñan o título de graduado en ESO e que non...
leer másO Concello de Ourol, en colaboración coa Deputación de Lugo e enmarcado no Programa Xunt@s de participación cidadá e envellecemento activo, organiza unhas xornadas de uso e manexo dos móbiles intelixentes. Esta actividade terá lugar no Edificio Multiusos do Concello de Ourol os días 7 e 14 de marzo de 2024 (xoves) de 10:30 a 12:30 horas.
Para anotarse as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamar ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48.94.57.
O Concello de Burela, a través do Programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia da Deputación de Lugo, oferta un curso de ximnasia de mantemento que dará comezo o martes 5 de marzo de 2024 en horario de 17:30 a 18:30 horas.
Para inscribirse o prazo vai desde o luns 19 ata o xoves 29 de febreiro en horario de 9:00 a 15:00 horas na Casa do Concello de Burela. As prazas son limitadas.
Ribadeo acollerá en abril un curso básico de Protección Civil. O prazo de inscrición está aberto ata o 16 de febreiro.
A concelleira de Seguridade e Atención Cidadá, Montse Seijo, contou que “a Xunta de Galicia abriu o prazo de inscrición para a realización do curso básico de Protección Civil. Na provincia de Lugo impartirase de forma presencial en dous lugares, e concretamente un dos elixidos foi Ribadeo”.
A edil ribadense explicou que “as datas previstas son do 3 ao 7 de abril, sendo os días 3, 4 e 5 en horario aproximado de sete e media/oito da tarde a dez e media/once da noite, a razón de tres horas diarias. E a fin de semana en horario de mañá e tarde completando así as 32 horas de duración do curso, das que 22 son teóricas e 10 prácticas”.
Seijo anima a participar: “desde o...
leer másA aula da Casa da Cultura de A Pontenova acollerá un curso de auxiliar de axuda no domicilio, cunha duración de 480 horas. Está organizado polo Concello de A Pontenova e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (FADEMUR).
As persoas interesadas en participar deben anotarse antes do 24 de xaneiro contactando con Verónica ou Mari Carmen nos teléfonos 617.67.68.79 e 629.37.62.42 respectivamente.