Curso
O curso está programado para o sábado 3 de decembro na Aula Omix da Casa da Cultura de Alfoz. En horario de 10:00h a 14:00h pola mañá e de 16:00h a 20:00h pola tarde.
Dirixido a mulleres a partir de 16 anos, no caso de menores de idade deberán contar coa autorización asinada pola nai, pai ou titor/a legal. Actividade gratuíta.
As persoas interesadas deberán chamar ao tfno. 982 558 001 (ext. 2) desde o 2 de novembro ata o 1 de decembro para anotarse ou se queren máis información.
Este curso está organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e impartido por monitores especializados.
É a segunda edición que se leva a cabo en Alfoz “e podemos dicir que o ano pasado contamos cun importante número de participantes de toda a Mariña e a valoración foi tan positiva que...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia retoma a súa actividade formativa en Ribadeo este sábado, 15 de outubro. Será cun curso sobre a diagnose con osciloscopio.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explica que “é un curso que nós deseñamos o ano pasado, a petición de técnicos de empresas. Está dedicado á utilización do osciloscopio como elemento de diagnose nos vehículos; é eminentemente práctico, con 8 horas de duración. Empezará ás dez da mañá e acabará ás oito da tarde e hai 10 prazas”.
Doural subliña que “con isto empezamos as actividades, que continuarán a finais de mes, concretamente o día 29, cando teremos outro curso, neste caso sobre pneumáticos, que tamén é práctico, de 8 horas de duración e temos un número reducido de prazas”.
Desde a Asociación de Profesores de...
leer másO Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración do Concello de Burela vai organizar de novo unha acción formativa de alfabetización de persoas adultas para a aprendizaxe dos idiomas da nosa Comunidade.
Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo, dando comezo o vindeiro 3 de outubro.
Con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral das persoas estranxeiras, xa que “entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración”, explicou a concelleira Noelia Ben.
Ante calquera dúbida, poderán solicitar máis información na Casa do Concello ou ben chamando...
leer másA asociación Bruar organiza a décima edición do curso de Iniciación ao Jazz, Improvisación e Música Moderna de Ribadeo que se desenvolverá dos días 29 e 31 de xullo.
A actividade, que terá lugar na Escola Municipal de Música e Danza, será impartida por Javier Constenla ao piano, Gileno Santana á trompeta, José García ao saxofón, Aurora Arteaga á voz, Virxilio Da Silva á guitarra e Chus Pazos á batería.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no número de teléfono 677 734 084.
Colaboran na organización deste curso: Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo.
A piscina municipal do Concello de Cervo acollerá un curso de apnea impartido por AIDA, a Asociación Española de Apnea. O curso é específico para persoas xa familiarizadas co surf ou a pesca submarina. Tratará a mellora da confianza, a respiración, relaxación, minimización de esforzos baixo a auga… Tamén ensinará a usar máscara e tubo, a aletear correctamente e a controlar a flotabilidade e o peso para reducir o cansanzo.
O curso terá lugar os días 15, 16, 17, 22, 23 e 24 de xullo. As prazas son limitadas. As persoas interesadas en acudir poden inscribirse ou recibir máis información no teléfono +41786723581 ou no correo electrónico contact@freedivexperience.com
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá o 8 de xullo un curso presencial sobre ciberseguridade.
A Aula CeMIT de Ribadeo acollerá un curso presencial o vindeiro venres, 8 de xullo, de 10:30 a 12:00 horas, sobre Ciberseguridade.
No mesmo abordaranse cuestións como: Protexerse dos ciberataques; Análise dun caso real de ciberataque, abordando os obxectivos que se perseguen, así coma os mecanismos para detectalos; e Repaso das principais estafas ás que unha persoa se ve exposta no mundo en liña e os principais mecanismos para previlas.
O curso gratuíto é apto para todas as idades. As persoas interesadas en asistir poden anotarse no teléfono 982120732 ou no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal
O vindeiro luns, 4 de xullo, dará comezo o XII Curso de Música de Verán, que a Escola Municipal de Música de Burela ofrece de xeito gratuíto. Esta edición do curso interdisciplinario de verán, titulado Un concerto de película está inspirada na música de cine e destinado a todos os nen@s dende 4 anos en adiante, e adultos que queiran participar.
A asistencia ao curso é gratuíta, celebrándose os días 4, 5, 6, 7 e 8 de xullo en horario de 10:30 a 13:00 horas nas instalacións da Escola Municipal de Música, e o día 8 de xullo pola tarde haberá un concerto final no Auditorio Municipal de Burela. Durante o curso realizaranse actividades musicais, construción de instrumentos e fabricación de vestiario, asemade tamén poderán participar doutras actividades musicais organizadas dentro deste curso interdisciplinario de verán 2022. Xunto cos...
leer másAPAGA organiza un curso de corte de xamón que será impartido por Jorge Díaz, o mellor cortador de España. As persoas interesadas poden obter máis información en apagaribadeo@gmail.com ou nos teléfonos 639 884 945 e 629 096 711. As prazas son limitadas.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “é unha nova iniciativa que se plantexa no tema de hostalería a petición dalgúns profesionais do sector. Aínda non ten data, pero prevemos que posiblemente se faga no mes de xullo. Hai xa unha serie de xente apuntada e tampouco vai ser un grupo moi numeroso, sobre oito persoas, entón está practicamente completo. Esa é unha das iniciativas que se plantexan para o verán”.
Doural sinalou que “cursos como este de corte de xamón son iniciativas a petición de empresas e...
leer másPreto de 20 persoas asistiron na escola de Covelas a un curso de cestería de colmo con tireta de vimbio. Está a ser impartido por Lola Tourón, unha das cesteiras con mais renome de Galicia, de once da mañá a dúas do mediodía e de catro a sete da tarde. Ata Covelas se desprazaron esta mañá os concelleiros de Medio Rural e Servizos Sociais, Marcos Villamil e Mónica Freire, que valoraron de xeito moito positivo “a demanda que tivo este curso de cestería. Seguramente fagamos outra edición o vindeiro mes de setembro”.
Para o curso de xardinería, que se celebrará o vindeiro 18 de xuño en Vilaframil aínda quedan prazas libres “polo que as persoas que desexen asistir poden inscribirse durante a semana chamando ao teléfono do Concello 982 128 650”.
Villamil e Freire indicaron que “desde o equipo de goberno seguimos...
leer másO Concello de O Valadouro organiza un curso de Defensa Persoal que se celebrará os días 11 e 18 de xuño.
A actividade desenvolverase no pavillón polideportivo municipal de O Valadouro en horario de 11:00 a 13:00.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 27 de maio na Casa da Cultura en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 ou no número de teléfono 982 148 153.
O curso está orientado a homes e mulleres maiores de 16 anos e o obxectivo é aprender a defenderse dunha agresión. Será impartido polo instrutor nacional de defensa persoal, Julián Martín, quen estará asistido por Alberto Leivas.