Concentración

22/01/2022

Dicen desde la organización que “la invernal de Galicia ya está aquí”. La XXXI edición del evento dará comienzo el 19 de marzo con la apertura de inscripciones a las 12 del mediodía. A las cuatro de la tarde habrá actividades como toro mecánico, Tattoo Studio, puzle animación, música, juegos y sorteos. 

Ya a las ocho de la tarde tendrá lugar el desfile de participantes por las calles de Mondoñedo. A las 21:15 horas cena en Finca San Antonio y a las 23:30 horas dará comienzo la fiesta verbena amenizada por Grupo 2.Com y Orquesta Principal. Entre ambas actuaciones se realizará la entrada de los premios y trofeos. La jornada concluirá con una queimada popular. 

El 20 de marzo habrá desayuno para los participantes inscritos, a las 11 de la mañana ruta turística y a las dos de la tarde será la comida de despedida. ...

leer más
09/11/2021

O Club Clásicos de O Vicedo organiza, en colaboración co Concello, o 20 de novembro a súa primeira concentración de coches clásicos.

Dará comezo ás 10.00 horas no muelle do Vicedo coa recepción dos vehículos, para poder desfrutar dos mesmos. Xa a media mañá comezará a ruta e ás 14.00 horas será o xantar. 

Para participar no xantar é preciso reservar chamando aos teléfonos 626 836 946 ou 679 763 191. O prezo é de 25 euros. As prazas son limitadas. 

02/03/2020

A pre inscrición, por un prezo de 29 euros, está aberta ata este venres, 6 de marzo. Cada inscrición será de 32 euros e inclúe camiseta, pin e imán artesán do Alfar de Mondoñedo (As formas da Terra).

A concentración dará comezo o sábado 14 cun pincho de benvida a base de empanada de Mondoñedo e cervexa. A inscrición inclúe a cea do sábado con queimada e o almorzo do domingo 15, ademais de pinchos na ruta do domingo máis o xantar.

As actividades inclúen tamén un toro mecánico, animación, agasallos, o sorteo dun tatoo, música a cargo dun DJ durante toda a tarde e festa nocturna para todos a cargo do grupo Oca Band na praza da Catedral. Haberá carpa.

 

11/09/2019

Hoxe presentouse na praza do Centro Cívico de  Xove a III Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense,  nunha convocatoria  dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias.

A concentración vaise desenvolver en Xove o vindeiro sábado, 21 de setembro, durante todo o día.

A organización conta, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e o de numerosas casas comerciais de toda a Comarca.

Para a realización desta xuntanza, fíxose unha convocatoria, que vai estar  aberta ata o mesmo día da concentración. Nestes momentos as inscricións tanto de coches como de motos  van a moi bó ritmo.

O Programa de actividades vai ser o seguinte:
   -De 9:00 a 11:00 horas.-...

leer más
21/08/2019

La playa de Coto, en Benquerencia, acogerá este sábado, 24 de agosto, la III edición de la Concentración Retroclásicos Barreiros.

A las 10:00 horas tendrá lugar la apertura de la exposición de motos y coches clásicos. Después habrá una ruta por la carretera de las playas y visita a Illa Pancha, en Ribadeo. Posteriormente se celebrará una comida en el restaurante La Yenka y un pincheo al final de la jornada.

Se entregarán trofeos al piloto más veterano, al más joven, al más lejano, al coche más antiguo, a la moto más antigua y al club más numeroso.

Los precios de la inscripción son 25 euros para los adultos y 10 para los niños hasta 15 años. Las personas interesadas pueden anotarse en los números de teléfono 697 35 60 90 y 603 511 097. El plazo finaliza el 22 de agosto.

 

07/06/2019

Este sábado, 8 de xuño, celébrase a concentración Clásicos Foz 2019, que terá lugar fronte á praia de A Rapadoira a partir das 10:00 horas.

Expoñeranse coches e motos e os participantes realizarán un paseo por Foz e tamén se desprazarán ata Mondoñedo. A xornada rematará pola noite, de volta, en Foz cuns pinchos e entrega de premios. 

Nesta edición haberá un tributo ao empresario Eduardo Barreiros.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Foz, Deputación de Lugo e CCA Foz.

 

02/04/2019

Lourenzá acollerá unha concentración de scooters, motos e coches clásicos o día 18 de este mes, Xoves Santo. Esta actividade está organizada pola asociación VespaFaba&Clásicos Lourenzá e colabora o Concello.

O presidente do colectivo organizador da Reunión Amigos de VespaFaba&Clásicos, Fran Rivas Dasilva, explica que “este é o cuarto ano que se fai en Xoves Santo e nesta ocasión coincide co torneo de baloncesto, ao que virá xente de diferentes puntos da Península, e vai ser un aliciente moi bo mesturar o terreo do deporte cos clásicos. Encima a asociación Conde Santo tamén se implica e fai unha sesión vermú e verbena á noite, na que actuará incluso a orquestra Panorama. Entón eu creo que vai ser un día moi interesante, a ver se nos acompaña o tempo e creo que imos pasalo moi ben. Xa temos xente que vai vir de diferentes puntos de...

leer más
07/03/2019

O Concello de Mondoñedo impulsa a 30 Concentración Mototurística N-634 A Invernal de Galicia, que se desenvolverá na localidade mariñá os días 16 e 17 de marzo. A alcaldesa, Elena Candia, destaca o labor da comisión organizadora, que preside Miguel Arias, para poñer en marcha esta actividade que “xa é un referente na Mariña, pois son moitos os afeccionados que chegan de distintos puntos de Galicia e incluso de España”.

A concentración iniciarase o día 16, ás 12.00 horas, coa inscrición dos participantes, os cales poderán degustar un ágape de benvida. Ás 16.00 horas, iniciarase a programación de xogos e de sorteos para, ás 17:00 horas, continuar coa exhibición acrobática de motos na Avenida de Bos Aires. Ás 20:00 horas, os moteiros farán unha ruta turística polo pobo e, ás 21:15 horas, degustarán unha cea, seguida da verbena amenizada pola...

leer más
26/09/2018

A cuarta edición da Concentración VespaFaba e Clásicos Lourenzá terá lugar do 5 ao 7 de outubro, coincidindo coa celebración da Festa da Faba. Haberá rutas polo val e polos municipios de Xove, Trabada e Riotorto, ademais de xincana, trofeos, agasallos e os asistentes gozarán da gastronomía local. O evento foi presentado en Lourenzá cun acto no que participou a alcaldesa, Rocío López.

O portavoz da organización da IV Concentración VespaFaba e Clásicos Lourenzá, Fran Rivas, lembrou que “desde o ano 2015 empezamos a reunirnos coas vespas, as motos e os coches clásicos e este ano repetimos. A concentración é o sábado 6 e o domingo 7, pero imos empezar con actividades o venres porque hai xente que xa ven ese día, así que improvisamos unha ruta nocturna en scooters e coches clásicos. Imos ir ao concello de Xove, onde hai unha festa dos callos...

leer más
21/09/2018

Hoxe presentouse na Praza do Centro Cívico de  Xove a II Concentración DE Vehículos clásicos e Históricos, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense,  nunha convocatoria  dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias.

A concentración vaise desenvolver en Xove o vindeiro sábado, 29 de setembro, durante todo o día.

A organización conta, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e o de numerosas casas comerciais de toda a Comarca.

Para realización desta xuntanza, fíxose unha convocatoria, que vai estar  aberta ata o mesmo día da concentración. Nestes momento as inscricións tanto de coches como de motos  van a moi bó ritmo.

O Programa de actividades vai ser o seguinte:
-De 9:00 a 11:00 horas.- Recepción e...

leer más