Concentración
O Motoclub Al Corte organiza este fin de semana a XI edición da concentración moteira que terá lugar en Ribadeo.
O programa de actividades dá comezo na tarde do venres, 29 de xuño, ás 18:00 horas coa apertura de inscricións e caña de benvida, e ás 22:30 horas haberá unha churrascada na zona de concentración e festa con DJ.
O sábado, 30 de xuño, entre 9:00 e 10:30 horas será o almorzo en cafeterías, e ás 10:30 a apertura de inscricións. Ás 11:00 horas dará comezo unha ruta de montaña con pincheo, e ás 14:30 horas haberá unha gran pinchada na carpa da concentración. Pola tarde, ás 17:30 horas celebraranse xogos moteiros na zona de concentración, ás 21:30 horas terá lugar a cea moteira no Restaurante A Dorada, ás 0:00 horas comezará o desfile de antorchas polas rúas de Ribadeo, e ás 0:30 horas a festa con DJ na zona...
leer másFoz acollerá unha concentración de vehículos clásicos o vindeiro sábado, 16 de xuño, coa que colabora o Centro Comercial Aberto.
O programa de actividades dará comezo ás 9:30 horas coa inscrición dos vehículos participantes, que terá lugar na praia da Rapadoira. Ás 12:30 horas haberá unha degustación en locais da rúa Illa Nova e ás 13:30 horas iniciarán unha ruta por Ribadeo.
A xornada continuará co xantar que se celebrará no Parador de Ribadeo ás 14:30 horas. Os asistentes a esta concentración de Vehículos Clásicos realizarán unha ruta por Castropol, e a partires das 16:30 horas farán unha visita guiada pola localidade asturiana.
Ás 17:30 horas haberá un paseo en barco pola ría e ás 20:00 horas percorrerán o porto de Foz. O programa rematará ás 20:30 horas coa degustación duns pinchos...
leer másMondoñedo retoma a vindeira fin de semana (sábado 24 e domingo 25) a celebración da XXIX Concentración Mototurística Ruta N-634 ‘A Invernal de Galicia’, coa que colabora o Concello, e que anualmente organiza o Motoclub Ruta N-634 da cidade.
A celebración desta concentración estaba prevista para o pasado 10 e 11 de marzo pero a organización veuse na obriga de suspender a programación de actos debido ás condicións meteorolóxicas que se deron durante esa fin de semana.
A implicación que o Motoclub Ruta N-634 deposita na organización desta concentración permite que o vindeiro fin de semana se retome a celebración dunha concentración mototurística que chega a súa 29 edición e que converte a Mondoñedo na primeira cidade, xunto a Sanxenxo, na que se organizou este tipo de eventos.
O presidente do Motoclub Ruta N-...
O club VespaFaba & Clásicos Lourenzá organizará tres eventos este ano. As actividades, nas que colabora o Concello, foron presentadas nun acto ao que asistiu a alcaldesa, Rocío López.
Os responsables do club salientan que a rexedora municipal “apoiou a este colectivo desde que iniciou a súa andadura, no ano 2015” e explican que “está integramente dedicado á defensa, conservación e promoción do patrimonio automobilístico. Aparte de recuperar e conservar os vehículos apaixónanos gozalos en distintos eventos, concentracións, exposicións ou rutas, en distintos puntos da Península: Galicia, Asturias, Castela e León, Madrid, Zaragoza, etcétera”.
Ademais anunciaron que organizarán “distintos eventos ao longo deste ano: o primeiro terá lugar o día 29 deste mes, Xoves Santo, e será a terceira Reunión de Amigos de...
leer másMondoñedo acolle esta fin de semana (sábado 10 e domingo 11) a XXIX Concentración Mototurística Ruta N-634 ‘A Invernal de Galicia’, coa que colabora o Concello, e que anualmente organiza o Motoclub Ruta N-634 da cidade.
A alcaldesa de Mondoñedo, ElenaCandia, quixo destacar a importancia desta iniciativa e o traballo dos 40 socios que integran o Motoclub Ruta N-634 de Mondoñedo, que preside Miguel Arias, e que cada ano organiza unha cita que atrae ata á cidade a centos de persoas que senten paixón polo mundo das motos.
O presidente do Motoclub Ruta N-634, Miguel Arias, lembra que foi no ano 1988 cando se constituíu en Mondoñedo un grupo de moteiros, dos que partiu a iniciativa de organizar unha concentración mototurística que este ano chega a súa 29 edición. Deste xeito, Mondoñedo converteuse na primeira cidade,...
leer másO Concello de Cervo recibirá o vindeiro sábado, 10 de xuño, a visita dunha caravana de Alfa Romeo, formada por quince vehículos clásicos procedentes de diferentes puntos da xeografía española.
A expedición fará un percorrido por diferentes zonas do noso Concello, como o núcleo de San Ciprián, ou unha visita á fábrica de Sargadelos; xantarán en Cervo, onde a partir das 14:00 horas concentrarán os diferentes vehículos na Praza do Souto, que tamén acollerá a presentación dos dous últimos modelos desta Marca, que estarán dispoñibles para que os poidan probar os asistentes que o así o desexen.
El 17 de junio se celebrará en Foz una nueva edición de la Concentración Clásicos 2017 en la que participarán 120 coches, entre ellos varios Renault Alpine y otros modelos de las décadas de los 30, 50 y 60 del siglo pasado. Los participantes visitarán este año Ribadeo, donde tendrá lugar la clausura de este evento que cuenta con la colaboración del Centro Comercial Aberto de Foz.
El organizador de esta concentración de coches clásicos, Alberto Rodríguez, dijo que “vamos a hacer este año un cupo de 120 coches y ya casi lo hemos cerrado. Hay mucha gente que se está apuntando. Las concentraciones que hacemos nosotros son con una temática tanto gastronómica como cultural. Salimos de Foz, que es el centro de A Mariña, y de ahí vamos siempre a un ayuntamiento diferente, cada año vamos cambiando de ayuntamiento. Este año le toca a Ribadeo....
leer más